A estación de Espasante é un apeadoiro ferroviario situado en Espasante (Ortigueira). Forma parte da rede de vía estreita operada por Renfe a través da división comercial Renfe Proximidades AM. Dispón de servizos rexionais da liña R-1f entre Ferrol e Oviedo, así como servizos parciais entre Ferrol e Ribadeo denominados R1a.
Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 57,56 da liña férrea de ancho métrico que une Ferrol con Xixón a 29 metros de altitude. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia As instalacións abríronse ao tráfico o 24 de xuño de 1966, coa apertura do tramo Ortigueira-Viveiro. O Estado foi o encargado de realizar unhas obras que pretendían unir Ferrol con Xixón seguindo a costa cantábrica, algo que non sucedeu até o 6 de setembro de 1972. Culminaba desa forma un proxecto iniciado en 1886.
A xestión da estación e a explotación do servizo recaeron en mans de FEVE ata que en 2013 a explotación foi atribuída a Renfe Operadora e as instalacións a Adif.
Servizos ferroviarios Rexionais Os trens rexionais que unen Ferrol e Asturias teñen parada na estación. O traxecto é directo se se pretende viaxar a Oviedo, mais se o destino final é Xixón cómpre facer un transbordo en Pravia.
Notas
Espasante Categoría:Ortigueira