Xurxo Xoán Estévez Gantés, coñecido como Xurxo Estévez, nado na Coruña en 1951, é un escritor, arquitecto técnico, creador de vídeo e fotógrafo galego.

Traxectoria

É licenciado en Belas Artes pola Universitat de València e diplomado en arquitectura técnica pola Universidade da Coruña.

Ten traballado nos ámbitos do vídeo, a arquitectura, o teatro e a fotografía. Residiu durante dezasete anos en Brasil e doce en Lisboa, por lo que produce artefactos culturais galego-lusófonos.

Expuxo a súa obra en Donostia (1994), na Sala de Exposicións da Universitat de València (1995), no IVAM de València (1996), na Fundació Antoni Tàpies de Barcelona (1996) e na VII Fotobienal celebrada en Vigo en 1996. Participou en diferentes festivais de vídeo: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (1995), no Festival de Vídeo de Navarra (1995) e no Centro Galego de Artes da Imaxe (1996). En 2026 publicou Notas ao pé de páxina, unha novela divertida e cunha estrutura orixinal.Segundo conta o autor no resumo do libro son tres frases curtas e corenta e oito notas ao pé de páxina, polas que circulan feministas, o Imperio romano, a Táboa Redonda e Bob Dylan, alén do lumpemproletariado, a Real Academia e os Mártires de Carral, os celtas, a queimada, a Divina Comedia e anacos da Historia da Galiza. Tamén a CIA, os ianomamis, os rusos e a Conferencia Episcopal. E non podían faltar o papa, as pastoriñas de Fátima... e os apóstolos ...

Obras

Notas ao pé de páxina (2026). Allariz: Aira Editorial. 192 páxs. ISBN 978-84-944818-4-0.

Notas

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Fotógrafos de Galicia