miniatura|upright=1.20|Campo magnético creado por un solenoide de sete bucles (vista en sección transversal) descrito mediante liñas de campo. Un solenoide é un tipo de electroimán formado por unha bobina helicoidal de arame cuxa lonxitude é substancialmente maior que o seu diámetro,ou equivalentemente, suponse que o diámetro da bobina é infinitamente pequeno (Ampère, 1823, p. 267: «des courants électriques formants de très-petits circuits autour de cette ligne, dans des plans infiniment rapprochés qui lui soient perpendiculaires»). que xera un campo magnético controlado. A bobina pode producir un campo magnético uniforme nun volume de espazo cando pasa unha corrente eléctrica a través dela.
André Marie Ampère acuñou o termo solenoide en 1823, despois de concibir o dispositivo en 1820.Sesión da Académie des sciences do 22 de decembro de 1823, publicada impresa en: Ampère, «Mémoire sur la théorie mathématique des phénomènes électro-dynamiques», Mémoires de l'Académie royale des sciences de l'Institut de France 6 (1827), París, F. Didot, pp. 267ff. (e figs. 29–33 ). «l'assemblage de tous les circuits qui l'entourent [viz. l'arc], assemblage auquel j'ai donné le nom de solénoïde électro-dynamique, du mot grec σωληνοειδής, dont la signification exprime précisement ce qui a la forme d'un canal, c'est-à-dire la surface de cette forme sur laquelle se trouvent tous les circuits». (p. 267). Tradución ao galego: «o conxunto de todos os circuítos que o rodean [é dicir, o arco], conxunto ao que lle dei o nome de solenoide electrodinámico, da palabra grega σωληνοειδής, cuxo significado expresa precisamente o que ten forma de canle, é dicir, a superficie desta forma sobre a que se atopan todos os circuítos». O termo francés creado orixinalmente por Ampère é solénoïde, que é unha transliteración francesa da palabra grega σωληνοειδής, que significa tubular.
A bobina helicoidal dun solenoide non precisa xirar necesariamente arredor dun eixe recto; por exemplo, o electroimán de William Sturgeon de 1824 consistía nun solenoide dobrado en forma de ferradura (de xeito similar a un resorte de arco).
Os solenoides proporcionan o enfoque magnético dos electróns no baleiro, especialmente en tubos de cámaras de televisión como os vidicóns e os orticóns de imaxe. Os electróns seguen traxectorias helicoidais dentro do campo magnético. Estes solenoides, bobinas de enfoque, rodean case toda a lonxitude do tubo.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Electromagnetismo Categoría:Imáns