Gary Bartz, nado en Baltimore o 26 de setembro de 1964, é un saxofonista alto de sona internacional dentro do jazz, o bebop, o hard bop, o free jazz, o jazz espiritual, o soul jazz, o jazz-funk, a fusión e o acid jazz. Cunha prolífica carreira con máis de 200 colaboracións entre os seus primeiros traballos destacan as que tivo con Eric Dolphy e McCoy Tyner no Jazz Workshop de Charles Mingus. Posteriormente, formou parte de proxectos liderados por Max Roach e Abbey Lincoln, integrouse durante un período nos Jazz Messengers de Art Blakey e no seus comezos desenvolveu unha etapa destacada de varios anos tocando para Miles Davis. Bartz tamén é recoñecido como un virtuoso do clarinete.
A Ntu Troop Durante o ano 1971 funda e lidera a banda de influencia blues e africana Ntu Tropp (Bartz tomou o nome das linguas bantús: «Ntu significa a unidade en todas as cousas, no tempo e no espazo, na vida e na morte, no visible e no invisíbel.» Referiuse conscientemente á tradición africana, da que extraeu elementos musicais, «para facelos reelaborar nunha mestura de bop, free e rock») xunto a Andy Bey, Juni Booth, Ron Carter, Nat Bettis e Harold White. A formación grabaría en 1971 o disco que saldría publicado como Harlem Bush Music en 1997, así como traballos de jazz-funk, entre os que destacan dous discos compostos cos irmáns Mizell antes de ser interpretados pola banda, traballos que consolidaron a Gary Bartz Ntu Troop como figuras clave da música afroamericana contemporánea. Un destes álbums forneceu a A Tribe Called Quest unha mostra sonora ("sample") que se convertería nun dos elementos máis recoñecibles do seu repertorio. O catálogo de Bartz constituíu, de feito, unha fonte extraordinariamente rica para produtores e artistas de hip hop e doutros xéneros. Entre os músicos que recorreron ás súas gravacións para construír bases rítmicas e novas composicións figuran grupos e intérpretes como Black Sheep, Jurassic 5, Casual, Warren G, Photek, Statik Selektah, Chi-Ali, 3rd Bass, Showbiz, Z-Trip e Young Disciples, entre moitos outros.
Outro dos aspectos máis salientables da obra de Bartz Ntu Troop é o seu marcado contido sociopolítico, especialmente durante os primeiros anos da década de 1970. A súa música reflectía unha profunda conciencia das inxustizas raciais e dos problemas sociais do seu tempo.
Premios Bartz foi honrado con dous Premio Grammy. No 2005 ao mellor álbum de jazz instrumental e no 1998 ao mellor álbum de jazz latino.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Uhuru Sasa", canción do 71, en youtube
Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Saxofonistas dos Estados Unidos de América Categoría:Saxofonistas de jazz