Marco Asinio Sabiniano (en latín, Marcus Asinius Sabinianus) máis coñecido como Sabiniano, foi un procónsul da provincia romana de África que se proclamou emperador no ano 240 e intentou, sen éxito, derrocar o mozo emperador Gordiano III. For derrotado polo gobernador da Mauretania e, a seguir, os seus soldados entregárono ás autoridades imperiais.

Traxectoria Durante o período de Anarquía Militar no século III, o Imperio Romano experimentou unha inestabilidade significativa: 16 emperadores (recoñecidos polo Senado) e 14 usurpadores (non recoñecidos) sucederonse entre 222 e 268.Maas (2010), p. LXXV O mozo Gordiano III, nado en 225, sobriño dos coemperadores Gordiano I e Gordiano II, que reinara só uns poucos días en 238, foi á súa vez proclamado emperador o mesmo ano pola Garda Pretoriana tras a eliminación dos pretendentes Máximo Pupieno e Balbino.

Sabiniano, que sucedera a Gordiano I como gobernador de África Proconsular, probablemente pertencía a unha importante familia afroromana de Acholla (Ras Botria) en Bizacena.Alföldy & Straub (1970), pp. 86-88. El, á súa vez, intentou usurpar o poder e proclamarse emperador en 240 (data exacta incerta). Non foi recoñecido fóra da súa provincia e foi rapidamente eliminado polos leais a Gordiano III. Este intento pouco coñecido é mencionado na Historia Augusta e en Zósimo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Usurpadores romanos do século III Categoría:Gens Asinia Categoría:Procónsules Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados no século III