O Aechmophorus occidentalis é unha especie de mergullón da familia dos podicipédidos que vive en América do Norte.
Os fósiles deste mergullón datan do Plistoceno tardío de América do Norte e foron descritos como unha especie distinta, pero posteriormente foron categorizadas como unha paleosubespecie co nome Aechmophorus occidentalis lucasi. Estudos posteriores atoparon que estaba dentro da variación que agora existe nas aves actuais da súa especie.
Etimoloxía Aechmophorus, significa 'portador de punta de lanza', do grego aichme, 'punta de lanza' e phoros, 'portar', en referencia ao seu bico; occidentalis vén do latín, 'occidental, do oeste', xa que se distribúe pola parte occidental do continente, aínda que comparte esta zona coa outra especie que existe do seu xénero, A. clarkii.
Descrición É o mergullón máis grande de América do Norte. Mide 55-75 cm de longo, pesa 795-2000 g e a envergadura é de 79-102 cm.Western Grebe. All About BirdsCRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), .Burnie D and Wilson DE (Eds.), Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife. DK Adult (2005), É de cor branca e negra, cun pescozo longo e delgado como de cisne e ollos vermellos. É fácil confundilo co seu conxénere Aechmophorus clarkii, que ten similares características, tamaño corporal, comportamento e hábitat, e coñécense híbridos de ambos. A. clarckii xeralmente vive na parte máis meridional de América do Norte.Kenn, Kaufman (2007)., Western Grebe. Birder's World, 21(6), 40–42. Outras diferenzas son os flancos brancos e os dorsos grises claros se o comparamos co mergullón occidental.Ratti, J. T. (1979). Reproductive Separation and Isolating Mechanisms between Sympatric Dark- and Light- Phase Western Grebes. American Ornithological Society, 93(3), 573–586. O mergullón americano occidental ten cor negra rodeando os ollos e un bico recto amarelo verdoso, mentres que o mergullón americano de Clark ten cor branca rodeando o ollo e un bico amarelo brillante algo revirado para arriba. As crías penuxentas da especie occidental son grises, mentres que as do mergullón de Clark son brancas.
Distribución Esta especie de aves acuáticas está moi estendida polo oeste de América do Norte e non ten un lugar específico de abundancia. Nidifica en colonias en lagos no que hai unha mestura de vexetación de marisma e de augas abertas. Os niños están feitos de restos de plantas e materiais mollados, e a súa construción empeza aproximadamente a finais de abril ata xuño, realízana ambos os sexos e continúana durante a posta e a incubación.Mills, Kyra (2016)., "Post-Release Survival and Movement of Western Grebes (Aechmophorus occidentalis) Implanted with Intracoelomic Satellite Transmitters"
Subespecies En 1858 George Newbold Lawrence recoñeceu as especies Podiceps occidentalis baseándose en espécimes de cor máis escura, e P. clarkii baseándose en tres espécimes máis claros, dous de California e un de Chihuahua. Estes dous morfos de cores podían vivir, pousarse xuntos e hibridarse, e durante moito tempo consideráronse sinónimos (aínda que non está claro por que P. clarkii foi tratado como sinónimo júnior, ao estar antes en orde alfabética). Deignan designou o espécime mexicano como o holotipo do taxon P. clarkii en 1961. En 1963 Dickerman restableceu o taxon como Aechmophorus clarkii, que el definiu como formado polas aves máis pequenas, tanto as escuras coma as claras, procedentes de México. En 1979 un estudo comprensivo de Ratti demostrou a existencia de barreiras reprodutivas entre diferentes fases dos mergullóns. En 1986 Dickerman recoñeceu a importancia taxonómica das distincións entre a fase escura e a clara, e clasificou estas fases como subespecies diferentes:
A. occidentalis ssp. occidentalis, (Lawrence, 1858), morfo grande e escuro do oeste do Canadá e os Estados Unidos (California, Utah) A. occidentalis ssp. ephemeralis, Dickerman, 1986, morfo escuro máis pequeno que o occidentalis, do norte e centro de México.
Hai moitas probas que suxiren que os mergullóns occidentais de cores diferentes (máis escuros e máis claros) son taxons diferentes, nunha soa poboación na cal a especiación simpátrica dalgún modo persiste. Hai informes de que estas formas se reproducen cos que teñen as súas mesmas cores e que a mestura entre os individuos de cara escura e clara é rara. Este tipo de apareamento selectivo deriva de posibles mecanismos de illamento como as respostas diferenciais ás chamadas de anuncio e a distribución espacial.Storer, R. W., & Nuechterlein, G. L. (1985). Analysis Of Plumage and Morphological Characters of the Two Color Forms of the Western Grebe (Aechmophorus). American Ornithological Society, 102(1), 102–119. Cada unha das formas tendía a permanecer máis próxima ás do seu mesmo tipo, o que facía que a súa nidificación nas colonias non estivese distribuída aleatoriamente.
En 1992 Storer e Nuechterlein promoveron outro concepto a ter en conta no taxon A. clarkii, considerando que os morfos claros dos Estados Unidos e Canadá corresponderían a este taxon (o A. occidentalis ssp. ephemeralis de Dickerman).
Comportamento de apareamento miniatura|Mergullóns occidentais acelerando no seu cortexo.
Os mergullóns occidentais nidifican en colonias de centos de exemplares en grandes lagos interiores, ou ás veces utilizando marismas costeiras do oeste de América do Norte. Teñen unha espectacular exhibición de cortexo; dúas aves érguense na auga e póñense a corricar pola superficie da auga. Os exemplares do norte migran ao oeste ata a costa do océano en inverno; os do sueste e México poden ser residentes permanentes. Durante a estación reprodutora, as aves anúncianse por medio de cerimonias. A cerimonia de correr (rushing), que pode chamarse tamén danza acuática, carreira ou corrida, é unha cerimonia que normalmente realizan para formar lazos de parella. Isto realízase en pares formados ás veces por dous machos ou por un macho e unha femia. Un dos dous individuos inicia a correr sobre a auga, e o individuo que lle fai de parella ségueo inmediatamente e en sincronía. As aves erguen as ás que poñen ríxidas aos lados e corren pola auga en posición ergueita coa cabeza cara adiante e o pescozo curvado. Os machos parecen realizar a corrida xuntos para atraeren a atención das femias, e cando desta maneira un dos machos consegue atraer unha femia, empeza unha competición entre os dous machos para conseguir a femia. Un dos dous acaba retirándose e o macho "gañador" emparéllase coa femia realizando xuntos a carreira e continuando despois realizando a cerimonia das herbas/algas.Nuechterlein, G. L., & Storer, R. W. (1982). The Pair-Formation Displays of the Western Grebe. American Ornithological Society, 84(4), 351–369. A cerimonia das herbas (weed) xeralmente precede os actos do apareamento e da construción do niño. Faise unha vez que a parella xa está establecida, e empeza metendo e sacando a cabeza da auga. Despois mergúllanse nese lugar e volven á superficie mentres traen vexetación do fondo no seu bico. Esta cerimonia continúa ata que un dos membros da parella tira as herbas ou algas que colleu e ponse nunha posición normal na auga. Continúan o seu apareamento coa cerimonia de agradecemento, que é similar á cerimonia da corrida e consiste en meter a cabeza e sacudir, subir e baixar a cabeza e sacudir, subir e baixar e acicalarse e cacarexar.Lindsay, S. (8 de setembro de 2007). Elegant Western Grebes; Elaborate Mating Rituals Evoke Thoughts of Dance. The Spokesman-Review, pp. 8 Meter a cabeza e sacudir consiste en meter a cabeza baixo a auga e sacala e rapidamente sacudir o bico de lado a lado. Isto fano mantendo unha postura do pescozo baixo e salferindo auga, mentres que o comportamento de subir e baixar a cabeza e sacudir non implica isto. Estas danzas de apareamento son as máis elaboradas de todas as aves acuáticas. Despois do apareamento, o macho alimenta a súa compañeira, realizando o comportamento de alimentación da parella. Esta alimentación lembra a alimentación das crías polos proxenitores, e por medio do alimento que obteñen, as femias poden ter máis enerxía para formar os ovos. Durante o período de incubación, macho e femia fan quendas para chocaren os ovos durante semanas, e o membro da parella que non está incubando alimenta o outro.Nuechterlein, G. L., & Storer, R. W. (1989). Mate Feeding by Western and Clark's Grebes. American Ornithological Society, 91(1), 37–42.
Comunicación Cando atenden as crías, os proxenitores usan diferentes tipos de vocalizacións para a comunicación. Un deles é o son de tic-tic e utilízase como sinal de alarma. Ambos os pais levan ás costas as crías que fixeron eclosión, e cando os pais fan o son de tic-tic, isto serve como sinal para que os poliños agochen a cabeza baixo as plumas das costas dos pais e estean en silencio. Se as crías son maiores de 4 semanas, responden a este son marchando nadando ou mergullándose pola súa propia conta. Cando fan o son de tic-tic, os que o emiten non abren a boca, así que é difícil distinguir quen é o que o está emitindo. O proxenitor que leva as crías adoita facer ese son máis a miúdo que o que non, e é igual de probable que o faga o pai coma a nai. Outra vocalización é un cacarexo, e este indica alimentación. Cando un dos pais cacarexa, o polo responde sacando a cabeza de debaixo das costas do pai sobre o que está para recibir comida.Nuechterlein, G. L. (1988). Parent-Young Vocal Communication in Western Grebes. American Ornithological Society, 90(3), 632–636.
Reprodución e supervivencia miniatura|Mergullóns americanos occidentais nidificando con crías. O tamaño da posta diminúe a medida que avanza a estación de apareamento, o que significa que se o apareamento se fai nos últimos días da estación reprodutora, o número de fillos producidos será menor.Robison, K. M., Anderson, D. W., & Robison, R. E. (2014). Brood Size and Nesting Phenology in Western Grebe (Aechmophorus occidentalis) and Clark's Grebe (Aechmophorus clarkii) in Northern California. BioOne, 38(1), 99–105. Porén, tamén se afirma que o tamaño da posta en niños que fan eclosión en períodos máis tardíos da estación é maior que a dos que fan eclosión antes, o cal contradí anteriores informacións. Isto pode deberse a restricións ecolóxicas. As restricións ecolóxicas tamén afectan ás crías, e isto pode orixinar fratricidios nas primeiras semanas despois da eclosión, o cal pode explicar as diferenzas nos niños. Ademais, son sensibles á presenza humana, de maneira que cando hai algunha perturbación humana preto deles, os pais abandonan o niño, deixando os ovos non eclosionados nunha situación vulnerable aos ataques dos predadores. Isto mostra que a predación ou mesmo os actos que parezan igualmente ameazantes teñen como resultado unha diminución na reprodución e supervivencia das crías.Seattle Audubon Society (n.d.). Western Grebe. Consultado en . Como son tan sensibles, realizáronse iniciativas de restauración para reconstruír os hábitats nativos deste mergullón para que teñan maiores oportunidades de reproducirse e criar os seus polos sen perturbacións ou ameazas. O número destas aves foi diminuíndo nas dúas últimas décadas, non só pola depredación, senón tamén debido á destrución do hábitat, sendo as verteduras de petróleo unha das principais causas.Mills, K. L., Gaydos, J. K., Fiorello, C. V., Whitmer, E. R., De La Cruz, S., Mulcahy, D. M., … Ziccardi, M. H. (2015). Post-Release Survival and Movement of Western Grebes (Aechmophorus occidentalis) Implanted with Intracoelomic Satellite Transmitters. Waterbirds, 39(2), 175–186.
Alimentación