Pansy Division é unha banda estadounidense de queercore formada en San Francisco, California, en 1991 polo guitarrista/cantante/compositor Jon Ginoli xunto co baixista Chris Freeman.
Concibida como a primeira banda de rock abertamente gai con músicos predominantemente gais, a música de Pansy Division, unha mestura de pop-punk e power pop, céntrase principalmente en temas LGBT, sexo e relacións, a miúdo presentados con humor. En 1992, a banda asinou co selo punk Lookout! Records e gañou notoriedade internacional xirando con Green Day en 1994, converténdose na banda de maior éxito comercial do movemento queercore que comezou na década de 1980.
Pansy Division lanzou sete álbums de estudio e tres recompilacións da caras B, entre outras gravacións. En 2008, a banda foi obxecto dun documental titulado Pansy Division: Life in a Gay Rock Band.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Undressed 1993 Lookout! Records Deflowered 1994 Lookout! Records Wish I'd Taken Pictures 1996 Lookout! Records/Mint Records Absurd Pop Song Romance 1998 Lookout! Records Total Entertainment! 2003 Alternative Tentacles That's So Gay 2009 Alternative Tentacles Quite Contrary 2016 Alternative Tentacles
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de queercore Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:LGBT nos Estados Unidos de América