O Umia Club de Fútbol é un equipo de fútbol do concello pontevedrés de Ribadumia, fundado en 1924. Na tempada 2026-27 compite na Primeira Futgal. Xoga os seus partidos como local no campo municipal da Bouza, na parroquia de Barrantes.
Historia O club fundouse en 1924, sendo un dos máis antigos de Galicia. Comezou xogando no campo municipal do Pisco, e foi itinerando entre diferentes estadios até o actual campo da Bouza, en Barrantes.
Na tempada 19890/90 acadou o ascenso á categoría de Preferente Galicia, na que competiu o ano seguinda por vez primeira na súa historia, malia só se manter durante unha tempada. Na tempada 2020/21 vovleu ascender á categoría Preferente, e desde entón foi alternando dita categoría coa Primeira Futgal. En 2026 finalizou en último lugar no grupo 2 da Preferente Galicia, consumando o seu descenso á Primeira Futgal.
En 2024 celebrou o seu centenario. Realizáronse unha serie de actos para conmemorar a historia do club, nos que se incluíron unha exposición fotográfica e de camisolas históricas do club, así coma un xantar popular no Centro Social de Barrantes.
Desde 2025 o seu presidente é Fernando Romero.
Traxectoria Historial na liga TempadaCategoríaPosto2014/20152ª Autonómica2015/20161ª Autonómica12º2016/20171ª Autonómica5º2017/20181ª Autonómica9º2018/20191ª Autonómica3º2019/20201ª Autonómica2020/2021Preferente16º2021/2022Preferente5º2022/2023Preferente 15º2023/20241ª Autonómica2024/2025Preferente12º2025/2026Preferente
Datos do club Tempadas en Primeira división: 0 Tempadas en Segunda división: 0 Tempadas en Segunda división B: 0 Tempadas en Terceira división: 0 Tempadas en Preferente Autonómica: 7
Campo miniatura|Campo da Bouza, na parroquia de Barrantes. O Umia Club de Fútbol xoga os seus partidos como local no campo municipal da Bouza, na parroquia de Barrantes. O estadio, de herba sintética, foi remodelado entre 2025 e 2026, cunha inversión de máis dun millón de euros, financiados por organismos públicos como o Concello de Ribadumia e Turismo de Galicia. Ten unha capacidade aproximada de entre 1500 e 2000 espectadores, repartidos en dúas bancadas. Ten o selo de calidade de FIFA Quality Pro. Dispón tamén dun edificio multiusos de dous andares.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Club Deportivo Ribadumia Preferente Galicia 2025/26
Categoría:Deporte en Ribadumia Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra