O arquipélago Moonsund ou arquipélago de Estonia occidental (en estoniano: Lääne-Eesti saarestik) é un grupo de illas de Estonia situadas no mar Báltico, ao redor do Väinameri. A súa superficie é de 3 933 km² e a súa poboación é duns 46 000 habitantes.
As principais illas do arquipélago son Saaremaa, Hiiumaa, Muhu e Vormsi, ademais de numerosas illas menores. Administrativamente, as illas pertencen principalmente aos condados de Saare, Hiiu e Lääne.
O arquipélago está separado da Estonia continental polo Väinameri e a península de Curlandia, en Letonia, polo golfo de Riga.
A zona forma parte da Reserva da Biosfera do Arquipélago de Estonia Occidental, recoñecida pola UNESCO en 1990 dentro do Programa sobre o Home e a Biosfera.
Illas principais
Saaremaa — 2 673 km². Hiiumaa — 989 km². Muhu — 198 km². Vormsi — 92 km².
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de illas do mar Báltico
Ligazóns externas
Categoría:Arquipélagos Categoría:Illas de Estonia Categoría:Reservas da biosfera Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1990