Fernando Condés Romero, nado en Lavadores, Vigo en 1906, e finado en Madrid o 29 de xullo de 1936, foi un militar galego, oficial da Garda Civil. Vinculado ao PSOE, foi instrutor de milicias socialistas e encabezou o grupo de policías e civís que detivo e terminou asasinando o deputado José Calvo Sotelo en represalia polo asasinato do tenente Castillo.
Traxectoria
Primeiros anos Fillo dun comandante de infantaría, cursou a carreira militar sendo destinado ao Protectorado Español de Marrocos, daquela en guerra, onde coñeceu a José del Castillo Sáenz de Tejada. En 1928 ingresou na Garda Civil e no seu destino no Parque de Automóbiles da Garda Civil en Madrid coñeceu á deputada por Badaxoz Margarita Nelken, da que foi grande amigo,Malia que a historiografía tradicional mantén que Condés e Faraudo eran amigos, hai quen sostén que non mantiña ningunha amizade. e quen lle presentou ao dirixente de UXT Amaro del Rosal e este a Largo Caballero.
Segunda República Militante do PSOE, como os seus amigos o tenente Castillo e o capitán Faraudo,Trala súa morte, Margarita Nelken dixo que Condés «quixo ser o primeiro garda civil que dixese ao proletariado: "Somos irmáns vosos"» tomou parte na folga revolucionaria de outubro de 1934 organizada polas organizacións socialistas, tentando ocupar o Parque de Automóbiles da Garda Civil co apoio da sección de Infantaría de Castillo, sen conseguilo. Condés foi xulgado, condenado, expulsado da Garda Civil, e enviado a Prisións Militares.
Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi amnistiado, sendo reincorporado e ascendido, por escalafón, ao rango de capitán, aínda que a Garda Civil deixoulle en situación de dispoñible forzoso, pola súa participación nos feitos de outubro de 1934. Ingresou tamén, xunto con Del Castillo e Faraudo, na Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA). Tras a súa saída do cárcere foi instrutor de "La Motorizada", unha milicia socialista composta por membros das Mocidades Socialistas madrileñas que non participaran na fusión coas mocidades comunistas para formar as Mocidades Socialistas Unificadas e que, entre outras funcións, servía habitualmente de escolta a Indalecio Prieto. O tenente Castillo tamén era un dos instrutores de «La Motorizada».
Os asasinatos de Faraudo, Castillo e Calvo Sotelo O 8 de maio de 1936, o capitán Faraudo foi asasinado por pistoleiros falanxistas, un feito que causou gran conmoción na súa contorna, as mocidades socialistas e os partidos de esquerda en xeral. O 12 de xullo, pistoleiros non identificados acabaron coa vida do tenente Castillo. Esa madrugada congregáronse no cuartel da Garda de Asalto de Pontejos paisanos pertencentes ás milicias socialistas entre os que se atopaba Condés. Tamén se atopaba un amigo de Condés, Santiago Garcés e outros membros da Motorizada, como Luis Cuenca.
De Pontejos partiu unha camioneta na que se achaba un grupo de gardas de Asalto, membros das milicias socialistas e o propio Condés. Na comisaría déronse listas de falanxistas sospeitosos aos que deter. No medio da indignación, moitos clamaban vinganza por este e outros asasinatos cometidos por pistoleiros dereitistas. Co pretexto de efectuar un rexistro, e amparados nas credenciais da Garda Civil de Condés, este e algúns outros penetraron en casa do deputado dereitista e monárquico José Calvo Sotelo, a quen pediron que os acompañase á Dirección Xeral de Seguridade (DGS). Calvo Sotelo resistiuse, pero tranquilizouse ao ver a identificación de Condés que o acreditaba como oficial da Garda civil. Finalmente accedeu e marchou cos policías á DGS. En metade do traxecto, Luis Cuenca Estevas, membro das milicias socialistas, e sentado xusto detrás do deputado no vehículo, asasinouno por detrás con dous disparos, o primeiro deles na caluga. Os integrantes da camioneta levaron o cadáver de Calvo Sotelo ao Cemiterio do Leste, onde o depositaron.
Ao oito e media da mañá, Condés presentouse na sede do PSOE e pediu falar con algún dirixente do partido. Ao non atoparse en Madrid nin Prieto nin Ramón Lamoneda, o xefe da oficina da secretaría do PSOE chamou ao deputado Juan Simeón Vidarte. Cando este chegou á sede do partido socialista, Condés atopábase pálido, descomposto, “cos ollos arroibados”. Ante a pregunta de Vidarte sobre que pasaba, Condés espetoulle: “Algo terrible. Onte á noite matamos a Calvo Sotelo”. Condés engadiu que non fora a súa intención que a viaxe acabase co asasinato de Calvo Sotelo, senón que só pretendía secuestralo para telo como refén. Vidarte, que lle reprochou o seu comportamento, e ante a pregunta de Condés de se debía entregarse, díxolle que sería mellor que esperase e que buscase un lugar onde agocharse, se dispuña del, ao que Condés respondeu: “Si, podo ocultarme en casa da deputada Margarita Nelken. Alí non se atreverán a buscarme. O garda que a acompaña, como vixiante, ía tamén na camioneta.”Vidarte: Todos fuimos culpables, tomo I, p. 213-217. Vidarte tamén mostrou a súa repugnancia polo asasinato e a súa negativa a defendelo como avogado se fose detido. Condés tivo tamén ocasión de falar con Prieto tras o seu regreso a Madrid, a quen manifestou que estaba a pensar en suicidarse. Prieto deixou entrever a súa repugnancia e engadiu “Suicidarse sería unha estupidez. Vanlle sobrar ocasións de sacrificar heroicamente a súa vida na loita que, de modo ineludible, comezará pronto, dentro de días ou dentro de horas.”Indalecio Prieto: Convulsiones de España, tomo I, p. 162.
Ao día seguinte, Luis Cuenca, Condés e outros dos que ían na camioneta foron detidos pola policía e interrogados.Hugh Thomas (1976). La Guerra Civil Española, Círculo de Lectores, páx. 233.
Guerra civil española Poucos días despois, iniciada a sublevación militar, Condés participou no asalto ao Cuartel da Montaña. Posteriormente foi nomeado director técnico da Motorizada, e ao comezo da guerra civil española marchou a combater en Somosierra, onde o 26 de xullo caeu mortalmente ferido, falecendo tres días despois nun hospital de Madrid.Alfonso Bullón de Mendoza (2004): José Calvo Sotelo, Ariel, páx. 689.
Recoñecementos Durante a Guerra Civil, déuselle o seu nome ao cuartel de Milicias Populares instalado na igrexa de San Diego de Cartaxena.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía BULLÓN DE MENDOZA, Alfonso, José Calvo Sotelo, Ariel, Barcelona, 2004.
PAYNE, Stanley G., El colapso de la República, La Esfera de los Libros, Madrid, 2005. THOMAS, Hugh, Historia de la Guerra Civil Española. Círculo de Lectores, Barcelona, 1976. ISBN 84-226-0874-X.
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Gardas civís Categoría:Militares da guerra civil española leais á República Categoría:Goberno da Fronte Popular