The Franklin Mint é unha casa de moeda privada estadounidense fundada por Joseph Segel en 1965 en Wawa, Delaware, Pensilvania."The Franklin Mint". En Krause, C. L. (1977). Páxina 4.
A denominación da marca pertenceu anteriormente ao grupo Sequential Brands, con sede en Nova York,"The Franklin Mint. Mint the Moment". Sequential Brands Group (sequentialbrandsgroup.com). e posteriormente pasou a ser propiedade do grupo Retail Ecommerce Ventures, radicada en Miami, Florida."Modell’s Will Become Digital-Only With $3.6 Million Purchase By Retail Ecommerce Ventures". Retailtouchpoints.com. 20 de agosto de 2020.
Historia
Casa de moeda En 1964 o emprendedor Joseph Myron Segel fundou a National Commemorative Society, a través da que promoveu a emisión dunha serie de medallas conmemorativas monetiformes en conmemoración de varias efemérides dos EEUU que se celebraban aqueles anos. Malia supor un éxito comercial, Segel non ficou satisfeito pola calidade acadada na cuñaxe, que lle encargara a un subcontratista. Así as cousas, contactou con Gilroy Roberts, daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, e ambos asociáronse cara crear a General Numismatics Corporation, co fin de cuñar moedas e medallas de calidade superior."Joseph M. ("Joe") Segel. Biography". Josephsegel.infoGilkes, P. (2019). "The Franklin Mint founder, Joseph Segel, dies at age 88". En Coin World. 31 de decembro.
En 1965, aquela compañía inicial cambiou o seu nome por The Franklin Mint, que de camiño comezou a cotizar na Bolsa de Valores de Nova York. Segel retirouse como presidente de Franklin Mint Corporation en 1973.
miniatura|263x263px|esquerda|2 dólares de Bahamas (1970), cuñados por The Franklin Mint."Bahamas: 2 Dollars - Elizabeth II". Numista.com
Os primeiros produtos da nova compañía seguiron a ser medallas, maioritariamente cuñadas en ouro e en prata a título privado, de cuxa comercialización tamén se encargaba.Krause, C. L. (1977). Páxinas 37-118. Todas as súas cuñaxes posteriores amosan a modo de marca de ceca un monograma composto polas letras F e M.Numismatic Issues of the Franklin Mint, Covering the Years 1965-1969. The Franklin Mint. 1970. Mais nas décadas de 1970 e 1980, a Franklin Mint estendeu as súas actividades á produción de moedas de curso legal, cuñando tanto pezas de diversos valores faciais para a súa posta en circulación como outras producidas en metais preciosos e destinadas exclusivamente ao investimento.Krause, C. L. (1977). Páxinas 8-36. Naquel momento era a única ceca autorizada polo Goberno estadounidense para a cuñaxe de moeda para países estranxeiros.
Estas emisións de moeda producíronse ata 2003 por encarga de diversos estados e outros territorios, como é o caso das Antillas Neerlandesas, Bahamas, Barbados, Belize, as illas Caimán, as illas Cook, Costa Rica, Exipto, Etiopía, Filipinas, Guiana, Kiribati, Liberia, Malaisia, Malta, Nova Zelandia, Panamá, Papúa-Nova Guinea, Romanía, as illas Salomón, Suriname, Trinidad e Tobago, Tunisia, as illas Turks e Caicos, Uganda, as illas Virxes Británicas, Xamaica e Xordania."Franklin Mint, Wawa, Pennsylvania, United States". Numista.com
Outros obxectos coleccionables miniatura|279x279px|Bombardeiro Boeing B-17G. Reprodución en metal da Franklin Mint (1989). Ademais da produción e comercialización de moedas, a Franklin Mint foi aumentando a súa oferta a obxectos de colección —que comercializa tanto de xeito tradicional como en liña— tan variados como bonecas, placas, xoias, pequenas esculturas, coitelos, discos de vinilo e reproducións de vehículos en metal fundido a presión.Krause, C. L. (1977). Páxinas 120-222.Johnson, D. (1998). Collector's Guide to Diecast Toys and Scale Models (2ª ed.). Schroeder Pub. Padukah, Kentucky. Páxinas 78-79. ISBN 1-57432-041-6"The Franklin Mint Diecast Model Library". Jsssoftware.com
Entre as súas producións discográficas máis destacables figura a titulada 100 Greatest Recordings Of All Time, unha colección de gravacións clásicas seleccionadas por un xurado de artistas e directores de orquestra, plasmada nun disco de vinilo vermello translúcido e dous discos compactos."Franklin Mint 100 Greatest Recordings of all time". Frankeves.com A compañía desenvolveu tamén a Franklin Library, que editou obras literarias clásicas no dominio público entre 1973 e 2000, con ilustracións e encadernacións moi coidadas."Book Collecting Guide. Franklin Library". Biblio.com"Great Books of the Western World. Publisher: The Franklin Library". Publishinghistory.com"The Hundred Greatest Books of All Time. Publisher: The Franklin Library". Publishinghistory.com
Uns dos obxectos de colección máis característicos da Franklin Mint foron os vehículos fundidos a presión, que comezou a producir en 1983. Durante uns anos, xerou máis de 600 modelos diferentes de coches, motocicletas, camións, tractores, e mesmo unha serie de avións da segunda guerra mundial.
Cambios de propiedade En 1980, Warner Communications —posteriormente parte de WarnerMedia— adquiriu The Franklin Mint por aproximadamente 225 millóns de dólares, aínda que esta fusión foi efémera, xa que Warner vendeu a compañía en 1985 a American Protection Industries Inc., por 167,5 millóns de dólares. Con todo, Warner retivo Eastern Mountain Sports, unha empresa de comercio polo miúdo que The Franklin Mint adquirira nos anos setenta, así como o Franklin Mint Center.Dinger, Ed. (1998). "The Franklin Mint". En International Directory of Company Histories. Vol. 69.miniatura|306x306px|Estoxo de presentación dunha medalla cuñada pola Franklin Mint.American Protection Industries foi renomeada en 1993 como Roll International. A principios da década de 2000 liquidou gran parte do negocio de The Franklin Mint e, finalmente, o 31 de agosto de 2006, vendeulle os activos restantes da compañía a un grupo de investidores privados encabezado por Moshe Malamud, David Salzman e Steven J. Sisskind, que tiñan ampla experiencia nos sectores da arte, os obxectos de colección, os medios de comunicación, o entretemento e a mercadotecnia directa.Zimmerman, M. (2006). "Franklin Mint Collected by New Owners". En Los Angeles Times. 18 de outubro.
Logo, a marca The Franklin Mint foi adquirida en novembro de 2013 por Sequential Brands Group,Mattioli, D. (2013). "Sequential Brands Buys the Franklin Mint Brand". En The Wall Street Journal. 3 de novembro. e posteriormente pasou a formar parte de Retail Ecommerce Ventures.
Conflito co Fondo Memorial de Diana, Princesa de Gales Logo do pasamento de Diana, Princesa de Gales, o fondo creado co seu nome para sufragar campañas caritativas (Diana, Princess of Wales Memorial Fund) acadou os dereitos de propiedade intelectual sobre a súa imaxe.Datar, R. (2005). "Diana's lost millions". BBC News (News.bbc.co.uk). 13 de maio. En 1998, despois de lle negar á Franklin Mint unha licenza oficial para producir artigos coa imaxe de Diana, o Memorial Found demandou a empresa, acusándoa de vender ilegalmente bonecas, pratos e xoias que amosaban a súa imaxe."Diana, Princess of Wales Memorial Fund". Bond.org.uk.
O caso viuse nos xulgados de California e o Fondo Memorial resultou perdedor, o que motivou que The Franklin Mint presentase unha contrademanda en 2003. En novembro de 2004, o caso resolveuse fóra de xuízo, co Fondo Memorial aceptando pagar 13,5 millóns de libras a causas benéficas nas que ambas as partes estivesen de acordo."Frequently asked questions". Diana, Princess of Wales Memorial Foun. The Work Continues (Theworkcontinues.org). Ademais diso, o Fondo gastou un total de case catro millóns de libras en custas e honorarios relacionados con este litixio e, como resultado, viuse na obriga de conxelar subvencións asignadas a varias organizacións benéficas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Krause, C. L. (1977). Guidebook of Franklin Mint Issues. Krause Publications. ISBN 9780873410137
Outros artigos
Casa de moeda Cuñaxe
Ligazóns externas Sitio web da Pobjoy Mint Canle de Pobjoy Mint en Youtube
Categoría:Casas de moeda Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Pensilvania