Jennifer Lores Cortizo, nada no Bronx, Estados Unidos, o 27 de abril de 1991, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de á-peche e o seu equipo dende 2020 é o Ourense Envialia da Primeira División de fútbol sala feminino de España.
Traxectoria Comezou xogando en Marcón FSF ata que na tempada 2014-15 ficha polo Poio Pescamar FS onde debutou en primeira división. Na tempada 2019-20 fichou polo CD Burela FS co que gañou a Recopa, a Supercopa e a liga. Na tempada 2020-21 fichou polo Ourense Envialia.
Selección nacional Debutou o 1 de outubro de 2019 coa selección española nun partido amigábel contra Portugal, xogado no pavillón Carolina Marín de Huelva. O seu primeiro gol fíxollo ao Xapón no pavillón de Vista Alegre de Burela.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no Bronx Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Xogadores de fútbol sala de Galicia