Podiceps andinus é unha especie extinta de mergullón non voadorRoots, C. 2006. Flightless Birds. Santa Barbara: Greenwood Publishing Group. que habitaba na zona húmida de Bogotá na sabana de Bogotá na Cordilleira Oriental dos Andes de Colombia. A especie aínda era abundante no lago de Tota en 1945. A miúdo era considerado unha subespecie do mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), e xeneticamente está aniñado nel; difire do mergullón de pescozo negro principalmente por ter unha parte dianteira do pescozo de cor marrón avermellada (non negra), e penachos da zona dos oídos de tons máis alaranxados (en vez de amarelos).

O declive deste mergullón colombiano atribúese á drenaxe das zonas húmidas, acumulación de sedimentos limosos e arxilosos (colmatación), contaminación por pesticidas, alteracións pola recollida de xuncos, caza, competición e predación dos polos pola especie invasora introducida troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss). A principal razón foi a perda do hábitat: drenaxe de zonas húmidas e acumulación de arxilas que tiveron como resultado a concentración de contaminantes, causando eutrofización do lago de Tota. Isto destruíu a vexetación aberta de lagoa mergullada (Potamogeton) e orixinou a formación dun denso monocultivo de plantas acuáticas do xénero Elodea.Varty et al. 1986, Fjeldsa 1993, como se cita en O'Donnel e Fjeldsa 1997.

En 1968 a especie declinara a só aproximadamente 300 exemplares. Na década de 1970 só se fixeron dous rexistros desta ave; un exemplar visto en 1972, e o último rexistro confirmado foi en 1977 cando se viron tres exemplares. Intensos estudos feitos en 1981 e 1982 non conseguiron atopar ningún exemplar e agora considérase extinta.(en castelán) El Pato Zambullidor extinto de Colombia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Folla de datos da especie de BirdLife

Categoría:Podicipédidos Categoría:Animais descritos en 1959