En metafísica, a condición de posibilidade (en ) é un concepto popularizado polo pensador alemán Immanuel Kant, xa que forma parte integral do seu sistema.
Definición A condición de posibilidade é un marco necesario para a posible aparición dun determinado conxunto de entes. Adoita contrastarse coa noción de causalidade unilateral, ou incluso coa idea de interacción. Pénsese, por exemplo, nun cubo elaborado por un artesán. Todos os cubos teñen tres dimensións. E, se un obxecto é tridimensional, entón ten unha extensión. Mais toda extensión é imposible sen espazo. Xa que logo, o espazo é unha condición de posibilidade do cubo, dado que é unha condición necesaria para que a existencia dos cubos sexa posible. Nótese, pola contra, que a causa do cubo non é o espazo, senón o artesán, e que tanto o cubo coma o espazo son entidades diferentes, polo que o espazo non forma parte da definición de cubo.
Influencia O pensador francés Gilles Deleuze presentou unha distinción entre o fenómeno (un acontecemento, aquilo que aparece en tanto que aparece, sen referencia a ningunha esencia subxacente) e as súas condicións de aparición; en contraposición á filosofía de Platón, onde a aparencia participa dunha esencia transcendente ou idea. Esta dicotomía desenvolveuse en Kant a través da clásica distinción entre fenómeno e noúmeno. Dende Platón até René Descartes, aquilo que se nos presenta a través dos sentidos foi considerado ilusorio. Pensábase que as percepcións sensoriais debían superarse para captar a cousa en si, a esencia, seguindo o mito da caverna platónico. Porén, Kant buscou mudar esta dicotomía por unha oposición entre a aparición de algo e as condicións para esa aparición. Non se concibe xa unha esencia transcendental por detrás da aparencia; o que hai son os feitos brutos, e un debe examinar as condicións necesarias para a súa aparición. Kant realiza este estudo na Analítica Transcendental da Crítica da razón pura, onde examinou as condicións necesarias para a cognición sintética a priori propia das matemáticas. Segundo a lectura de Deleuze, Kant foi un pensador de transición, polo que aínda mantivo a dicotomía entre fenómeno e noúmeno, mais considerou este último como incognoscible e irrelevante.
Pola súa banda, Michel Foucault adaptou a noción de condición de posibilidade ao eido da historia a través do seu concepto de episteme.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Kritik der reinen Vernunft
Ligazóns externas Condiciones de posibilidad
Categoría:Conceptos metafísicos