Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Camariñas o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.
Traxectoria
Comezou a traballar na Radio Galega en 1985, e xubilouse en 2026. Nela dirixiu e presentou unha morea de programas, dende musicais como Grandes Orquestras, Música da terra ou A Gramola, ata magazíns como De troula e programas-espertador de éxito como Bo día Galicia, Alborada ou Connosco. O programa que o fixo máis coñecido durante moitos anos foi Pensando en ti, creado en 1996. Xubilouse en febreiro de 2026, mais unha vez xubilado seguiu a colaborar no programa de TVG, Quen anda aí?, que xa tiña copresentado nalgunhas ocasións.
En 2010 presentouse para liderar o PSdeG-PSOE de Vimianzo.
Premios e recoñecementos 1991: Homenaxe dos Músicos e Artistas de Galicia polo apoio á Música Galega. 1992: Premio Galicia hoxe, de Radio Colonia polo seu apoio aos emigrantes galegos. 1992: Homenaxe da xente do mar polo seu apoio e dedicación a este sector en Marín. 1998: Diploma e mención de mérito da Unión Telefónica Sindical pola defensa dos Oficiais Radioelectrónicos da Mariña Mercante, as Radio Costeiras e a seguridade da vida humana no mar. 2002: Premio da Fundación ONCE Galicia á solidariedade en radio. 2003: Premio Galicia de Comunicación en Xornalismo radiofónico 2003 por converter o programa Pensando en ti nun fenómeno social. 2023: Premio Solidario Grupo Social ONCE na categoría de Comunicación. 2023: Premio “Rogelia Mariña” UXT, polo seu compromiso coa comunicación. 2023: Camarián de Honra. 2024: Pregoeiro da Festa do Melindre e Embaixador da repostería de Melide. En febreiro de 2026, anunciouse que en xullo sera nomeado Fillo Predilecto de Camariñas. O concello destacou que é:
Notas
Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes