En 1985, Albania iniciou tímidas reformas estruturais para pasar dun réxime de economía comunista centralizado e estatizado a un sistema capitalista ao modelo europeo. O programa de reforma económicas intensificouse en 1992 trala eleccións libres que deron punto e final ao modelo económico anterior. As accións de liberalización centráronse en:
Programa de privatizacións na industria e a agricultura. Reforma do sector financeiro. Reformas lexislativas que permitían unha economía de mercado. Liberalización dos intercambios comerciais no interior e co exterior Réxime fiscal novo. Política monetaria de control do déficit orzamentario.
Aínda hoxe, a Albania é un dos países máis pobres de Europa, coa metade da poboación activa traballando na agricultura e un quinto traballando no estranxeiro. A súa transición a unha economía moderna ten sido máis difícil que seus outros veciños dos Balcáns. O crecemento económico nos últimos anos ten sido en media 5% ao ano, e a inflación encóntrase baixa e estable.
O goberno ten tomado medidas para combater os crimes violentos e recentemente adoptou medidas para reducir a economía informal e atraer o investimento. O país enfróntase tamén a un alto desemprego e corrupción até nos niveis máis altos do goberno.
O seu total de exportacións é moi inferior en valor que o total das súas importacións. Os principais parceiros comerciais son Grecia e Italia.
Notas