O Partido Comunista dos Traballadores Portugueses (PCTP/MRPP) é un partido político de Portugal, de inspiración maoísta.
Historia O PCTP/MRPP foi fundado o 26 de decembro de 1976 a partir do Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado, que se fundara o 18 de setembro de 1970, tendo como secretario xeral a Arnaldo Matos.
O seu órgano de expresión é o Luta Popular, cuxa primeira edición foi lanzada en 1971. O MRPP foi un partido moi activo antes do 25 de abril de 1974, especialmente entre estudantes e operarios de Lisboa. O MRPP -como o PCTP- gañou fama coas súas grandes e vistosas pinturas murais. Desenvolveu unha grande actividade durante 1974 e 1975. Nesa altura contaba entre os seus militantes a persoas que máis tarde chegarían a cobrar gran relevo na política portuguesa, como José Manuel Durão Barroso e Fernando Rosas.
Tras o 25 de abril, o MRPP foi acusado polo Partido Comunista Portugués de ser subsidiado pola CIA. Esta crenza baseouse na cooperación entre o MRPP e o Partido Socialista, durante o chamado Verán quente.
A partir do 26 de decembro de 1976, o MRPP, despois do seu congreso, pasou a designarse PCTP/MRPP. O seu líder histórico é Arnaldo Matos. O primeiro director do Luta Popular na fase legal foi Saldanha Sanches. O actual líder é Luís Franco. O membro máis coñecido do Comité Central é António Garcia Pereira.
Militantes históricos miniatura|250px|Mural do MRPP para as eleccións de 1975.
José Manuel Durão Barroso Fernando Rosas Saldanha Sanches Maria José Morgado Diana Andringa Violante Saramago Matos Dulce Rocha Maria João Rodrigues Ana Gomes Luís Marques Alfredo Caldeira
Véxase tamén Outros artigos Comunismo Maoísmo
Ligazóns externas Páxina do PCTP/MRPP Luta Popular Fórum de discusión do PCTP/MRPP
Categoría:Partidos políticos de Portugal Categoría:Partidos comunistas