A primeira guerra mesenia foi unha guerra entre Mesenia e Esparta. Comezou no ano 743 a. C. e rematou no ano 724 a. C., segundo as datas dadas por Pausanias.
A guerra continuou a rivalidade entre os aqueos e os dorios que se iniciara co suposto retorno dos heráclidas. Ambos os bandos aproveitaron un incidente explosivo para resolver a rivalidade cunha guerra a grande escala. A guerra prolongouse ata 20 anos, o resultado foi a vitoria espartana. Mesenia quedou despoboada pola emigración dos aqueos a outros estados. Os que non emigraron foron socialmente reducidos a ilotas ou servos. Os seus descendentes foron mantidos en servidume hereditaria durante séculos, ata o colapso do estado espartano no ano 370 a. C.
Notas
Categoría:Guerras da Grecia Antiga Categoría:Guerras do século -VIII