Physarum é o xénero máis grande de balores mucosos micetozoos da familia Physaraceae. Viven normalmente en ambientes fríos, escuros e húmidos, como as cascas de árbores (a miúdo nas que teñen musgos), ramiñas mortas, troncos podres cubertos de musgo, follas caídas e solos forestais húmidos. O nome Physarum procede da palabra grega φυσα (physa), que significa 'vincha' ou 'burbulla' ou tamén 'fol'.
Filoxenia
Physarum non se clasifica como un fungo, senón como un balor mucoso perencente aos Amoebozoa. Os estudo filoxenéticos dos Unicontos indican que os balores mucosos acelulares como Physarum están relacionados cos balores mucosos celulares como Dictyostelium, así como outros membros de Amoebozoa.
As análises de secuencias do ADN ribosómico (ADNr) mostran que Physarum é polifilético, formando polo menos tres clados distintos. Apoios para a orixe polifilética de Physarum chegan dunha sinapomorfía observada: o sitio de unión a G moi conservado dos ribocimas de intrón do grupo I L2449.
miniatura|none|200px|Árbore filoxenética de máxima verosimilitude de illamentos de Physarales baseada no conxunto de datos de SSU/LSU combinadosminiatura|none|250px|Diagramas da estrutura do ARN dos intróns do grupo I L2449 en clados de Physarales.
Ciclo vital O ciclo vital de Physarum alterna entre un estadio unicelular haploide (células ameboides ou flaxeladas) e un estadio multinulcleado diploide (un plasmodio). En conicións favorables, os esporanxios maduros liberan esporas que xerminan orixinando células ameboides. En ambientes secos, estas células forman microcistos dormentes capaces de soportaren a deshidratación e a escaseza de nutrientes, permanecendo viables ata que as condicións melloren, momento en que reviven en amebas activas. Inversamente, en condicións excesivamene húmidas, as células desenvolven flaxelos e fan a transición a unha forma nadadora libre.
A fusión de células (singamia ou fecundación) entre células compatibles dá lugar ao plasmodio multinucleado. En condicións adversas, como o desecamento, temperaturas baixas ou limitación de nutrientes, o plasmodio transfórmase nunha estrutura endurecida chamada esclerocio, que permanece dormente ata que cheguen condicións favorables. Cando as condicións ambientais o permiten, o plasmodio maduro forma esporanxios, nos que se producen as esporas por meiose. A liberación destas esporas marca o inicio dun novo ciclo vital.
miniatura|none|Ciclo do desenvolvemento de Physarum e organización celular.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Amebozoos