miniatura|O Santísimo Cristo da Luz durante unha procesión da Semana Santa española. miniatura|Nosa Señora da Maior Dor durante a súa estación de penitencia de 2022 na Semana Santa en Mérida, declarada de interese turístico internacional. miniatura|Saída de Noso Pai Xesús das Penas da Irmandade de San Roque, en Sevilla. miniatura|Regreso á catedral do Cristo da Viga, en Jerez de la Frontera.
A Semana Santa en España celébrase coa saída á rúa das procesións organizadas por irmandades e confrarías. As manifestacións de fe están influídas pola tradición, que á súa vez está vencellada cos costumes de cada pobo.
A Semana Santa coincide coa última semana da Coresma no calendario católico. Está situada entre o Domingo de Ramos e o Domingo de Resurrección. Ás veces recibe o nome de Semana Maior. As procesións ata o Sábado Santo reciben o nome de estación de penitencia. As procesións que teñen lugar o Domingo de Resurrección non son de penitencia, senón de gloria. O cortexo conta cunhas andas, chamadas pasos —nalgunhas localidades chamadas tronos—, sobre as que procesionan esculturas cos personaxes evanxélicos relacionados coa detención, morte e resurrección de Cristo. Os irmáns das confrarías que participan no cortexo adoitan facelo vestidos con túnicas e gorros cónicos forrados cunha tea que lles serve de antiface. Estes irmáns adoitan coñecerse como confrades, nazarenos ou penitentes.
Algunhas celebracións en enclaves concretos recibiron o recoñecemento de interese turístico internacional ou nacional. A Semana Santa en España foi declarada manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial en 2017.Real Decreto 384/2017, de 8 de abril, publicado no BOE do 11 de abril de 2017. Tamén existe un expediente para ser declarada manifestación representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Calendario litúrxico católico A Semana Santa é posterior á quinta semana de Coresma. A Semana Santa dá comezo á Pascua, que dura sete semanas. O último fin de semana da Coresma recibe atención por parte dalgunhas confrarías españolas que celebran algunhas procesións por considerarse Venres de Dores, Sábado de Paixón e Domingo de Ramos. O coñecido como Domingo de Ramos si está recoñecido pola Igrexa como comezo da Pascua e recibe o nome oficial de Domingo de Paixón. O nome «de Ramos» vén dado porque en moitas cidades españolas se celebra ese día unha procesión coa entrada de Xesús en Xerusalén a lombos dunha burriña, recibido con gabanzas feitas con ramos de oliveira e palmeira polos habitantes de Xerusalén e polos apóstolos. Ao Domingo de Paixón ou de Ramos ségueno un luns, un martes e un mércores sen mención específica no calendario litúrxico, mais que no seo da festividade hispana reciben o nome de Luns Santo, Martes Santo e Mércores Santo. O Xoves Santo e o Venres Santo si reciben esta mención no calendario litúrxico, xa que neses días se sitúan a Última Cea, o arresto e a crucifixión de Xesús. O Sábado Santo recibe o nome católico de Vixilia Pascual e o Domingo de Resurrección recibe o nome de Domingo de Pascua.
Indulxencia Na Igrexa católica, a indulxencia plenaria concédese unha vez ao día mediante o Enchiridion Indulgentiarum de 1999 nos seguintes casos:
Adoración do Santísimo Sacramento durante polo menos media hora. O exercicio piadoso do vía crucis. Recitación do rosario mariano ou do himno Akathistos na igrexa ou nun oratorio; ou nunha familia, comunidade relixiosa, congregación de fieis ou, en xeral, cando varios fieis se reúnen para calquera bo fin. A lectura ou escoita devota das Sagradas Escrituras durante polo menos media hora.
Historia
Baixa Idade Media e Renacemento Dentro do período confrade baixomedieval pódense distinguir tres etapas: de 1050 a 1150, os comezos; de 1150 a 1350, o apoxeo; e de 1350 a 1500, cando se produce un cambio de mentalidade. Aínda que hoxe se usen indistintamente os termos «confraría» e «irmandade», nos documentos baixomedievais son chamadas confrarías. Nesta etapa xuntábanse membros dun mesmo gremio ou estamento con fins benéficos ou para render culto a un santo patrón.
A relixiosidade do europeo occidental da Idade Media era comunitaria e, aínda que na sociedade había pecado, a relixión impregnaba toda a vida social. A relixiosidade tamén era festiva e era motivo dalgunhas celebracións. Ademais, a piedade daquel home estaba chea de santos e devocións particulares.
As confrarías podían ser piadosas, construtoras —que apoiaban a construción de edificios relixiosos, hospitais ou pontes—, benefactoras —para dar axuda a desamparados, realizar enterros ou repartir cartos e comida—, de persoas pertencentes a un grupo social —gremiais, de clérigos etc.—, de persoas pertencentes a unha mesma etnia ou rexión e relixioso-políticas, como as militares, de mercé a cativos ou de caridade. Dentro das confrarías piadosas estaban as cultuais, dedicadas a Cristo, a María ou aos santos, as parroquiais, as de salvación persoal ou dos defuntos e as de penitencia.
As confrarías de penitencia, que son as que procesionan na Semana Santa, fúndanse a partir do século XVI. Para o sacerdote Federico Gutiérrez, experto en temas de Semana Santa, estas organízanse no século XVI como resultado do desafío de Lutero á sede de Roma a partir de 1517, do Concilio de Trento de 1545 e dos primeiros autos de fe. Nestas circunstancias, o pobo sentía a necesidade de saír á rúa para demostrar o seu catolicismo nun culto público. O historiador José Sánchez Herrero sinala nove factores na orixe das confrarías de penitencia:
A gran mortaldade de 1347 a 1350. A peste negra provocou un descenso da poboación do 40 ao 60 % e as epidemias repetíronse de forma cíclica cada sete ou quince anos ata 1400. Castela recuperouse demograficamente ao longo do século XV, mais Cataluña non o fixo ata moito máis tarde. Esta alta mortaldade provocou un cambio de concepto e de mentalidade arredor da morte. A devoción cristiá xa non era gozosa, senón dolorosa. Por iso fíxose fincapé na Paixón e morte de Xesús e non na resurrección. A partir do século XIV os grupos de flaxelantes fixéronse máis numerosos en Europa. Aínda que xa existían antes das epidemias de peste, estas fixéronos máis abundantes. Desenvolveuse un teatro arredor da morte. Entre 1430 e 1440 chegaron a Castela e León as «danzas da morte», representacións litúrxicas e paralitúrxicas da Paixón ou Descendemento. O papel de Vicente Ferrer. Aínda que as confrarías de flaxelantes que procesionaban entoando cánticos de penitencia e disciplinándose en público xa existían en Europa desde antes do século XIII, algúns grupos foron condenados polo papa Clemente VI e os seus líderes, como Gerardo Segarelli en 1300 e Dolcino de Novara en 1307, foron executados. Outros permaneceron dentro da Igrexa. Houbo outro grupo de flaxelantes próximo a Antón de Padua, falecido en 1231, e outro en Perugia promovido polo eremita agostiño frei Rainiero Fasani en 1260. A finais do século XIV e comezos do XV os dominicos impulsaron disciplinantes como o beato Ambrosio de Siena, o beato Xoán Dominici e Venturino de Bérgamo. Desde 1399 san Vicente Ferrer percorreu os camiños de España creando compañías de disciplinantes e fomentou a práctica da flaxelación, poñendo como exemplo a santo Domingos, san Francisco de Asís e san Bernardo. Procesionaban de noite, encapuchados e vestidos cunha túnica particular. Estes grupos ían a misa, confesaban, comungaban os domingos e xaxuaban determinados días. Criticábase os que se flaxelaban por diñeiro ou comida e dicíase que eran falsos disciplinantes. Vicente Ferrer escribiu un libro de regras para os disciplinantes titulado Ordinacions y establisments para la cofradia de Preciosa Sanch de J.C. anomenada dels Disciplinants. O manuscrito nunca foi atopado, nin tampouco a edición impresa publicada en Barcelona en 1547. Aínda que se mencionaron algunhas confrarías disciplinantes e flaxelantes, o certo é que tras o século XVI foron en declive e os bispos comezaron a reprobalas xa no século XVII. Finalmente, Carlos III prohibiunas mediante unha Real Cédula do 20 de febreiro de 1777, alegando que non eran edificantes nin verdadeiramente devocionais. O papel dos franciscanos. Segundo o historiador G. Rubio:
Por toda España xurdiron confrarías arredor de reliquias supostamente verdadeiras da cruz de Xesús. Estas reliquias puideron ser traídas de Terra Santa polos franciscanos. Este culto á verdadeira cruz, a Vera Cruz, fixo que se creasen confrarías con este título. A primeira documentación dunha confraría da Vera Cruz data de 1494 na igrexa de San Juan de Puerta Nueva de Zamora. En 1506 o franciscano frei Diego de Bobadilla creou a Confraría da Vera Cruz de Salamanca. En 1515 creouse outra nun convento franciscano de Alcañices. En Sevilla tamén se creou unha confraría da Vera Cruz en data indeterminada da man dunha confraría do Sangue creada arredor de 1448 nunha capela da Casa Grande de San Francisco. En 1420 o beato Álvaro de Córdoba regresou de Terra Santa e atopou en Serra Morena un lugar soleado e escarpado topograficamente parecido a Xerusalén. Posteriormente construíu capelas en sitios desa paraxe e bautizounas como cada un dos Santos Lugares. Este foi o primeiro vía crucis de Europa. Un século despois, o nobre sevillano Fadrique Enríquez de Ribera realizou unha viaxe a Xerusalén entre 1518 e 1520 e, ao seu regreso a Sevilla, organizou un vía crucis desde o seu palacio ata un templete ou humilladoiro cunha cruz. Desde o palacio ata a cruz había a mesma distancia que desde a casa de Poncio Pilato ata o Gólgota de Xerusalén, polo que o palacio hispalense pasou a ser coñecido como Casa de Pilatos. A acción dos xenoveses. En España existía unha abundante poboación de orixe xenovesa. No século XVI os xenoveses fundaron a confraría da Piedade en Valladolid, mentres a corte de Carlos I se atopaba nesa cidade. En 1579 hai constancia de grupos de xenoveses disciplinantes que procesionaban o Xoves Santo en Sevilla, aínda que sen confraría formada. A acción dos casteláns. En Valladolid fundouse en 1531 unha confraría de disciplinantes baixo a advocación da Paixón e ese mesmo ano fundouse en Sevilla a Irmandade dos Martirios e Sangue de Noso Señor Xesucristo, que en 1577 pasou a chamarse Irmandade da Sagrada Paixón de Noso Señor Xesucristo para emular a de Valladolid. Sacar as imaxes á rúa. As procesións na Baixa Idade Media facíanse coas reliquias ou simplemente cun crucifixo. A Confraría da Vera Cruz debeu procesionar cun crucifixo por Sevilla a partir de 1468. Tamén hai constancia de que se sacaba en procesión un crucifixo do convento de San Agustín de Sevilla que estaba alí desde 1314. O feito de sacar esculturas relixiosas en procesión é algo que se produce a partir do século XVI.
Idade Contemporánea miniatura|Procesión en Sevilla, obra de Manuel Cabral Aguado-Bejarano de 1855, conservada no Museo Nacional de Belas Artes da Habana. miniatura|Paso de Xesús Nazareno, Ferrol.
A vida confrade experimentou altibaixos durante os séculos XVII e XVIII.
A Idade Contemporánea, desde a Revolución Francesa en diante, estivo marcada en España, igual que noutros países de Europa, pola cuestión relixiosa, ou conflito, a miúdo violento, entre clericalismo e anticlericalismo, que influíu nos sucesivos cambios de réxime producidos en España, nas relacións entre Igrexa e Estado e, de forma máis local, na vida das confrarías de penitencia.
A invasión francesa de 1808-1814 trouxo consigo o saqueo ou a destrución do patrimonio de templos e mosteiros, e mesmo o derrubamento de moitos deles. As desamortizacións, que pretendían acabar coas institucións que non xeraban beneficio económico, provocaron a exclaustración de moitos mosteiros e a dispersión ou perda da arte sacra que contiñan.
A Revolución Gloriosa de 1868, de profundo carácter laicista, desacralizou moitos templos aducindo un exceso de igrexas e parroquias.