A Semana Santa en León é un dos principais acontecementos culturais, relixiosos e turísticos da cidade española de León. Entre o Venres de Dores e o Domingo de Resurrección procesionan dezaseis confrarías, algunhas das cales se remontan aos séculos XVI e XVII, que desfilan con grupos escultóricos realizados por imaxineiros como Juan de Juni, Juan de Angers, Gregorio Fernández, Luisa Roldán, Ángel Estrada, Víctor de los Ríos ou Melchor Gutiérrez San Martín.

A súa orixe remóntase ao século XVI, aínda que xa desde o século XIII se conservan indicios de diferentes manifestacións relixiosas para conmemorar a Paixón, Morte e Resurrección de Cristo.

O seu patrimonio artístico, a súa tradición, fervor e espírito de conservación motivaron que no ano 2002 fose declarada de interese turístico internacional, con especial mención á Rolda, que percorre a cidade na noite do Xoves Santo, e á Procesión dos Pasos, que desfila na mañá do Venres Santo.

Xunta Maior de Confrarías A Xunta Maior de Confrarías é o órgano encargado da regulación do conxunto de procesións da Semana Santa, de axilizar trámites e acordos coas institucións oficiais e de controlar os horarios. As súas orixes remóntanse a 1944, cando iniciou a súa andaina a Comisión Pro-fomento das Procesións da Semana Santa, formada polos abades e seises das confrarías da Nosa Señora das Angustias e Soidade, Doce Nome de Xesús Nazareno e Minerva e Vera Cruz. O 1 de marzo de 1947, mediante decreto do bispo de León, Luis Almarcha, constituíuse a Xunta Maior:

O seu primeiro regulamento foi aprobado o 30 de decembro de 1972 polo bispo Luis María de Larrea y Legarreta, ao que seguiu o aprobado en 1997. Este foi substituído en 2009 coa aprobación duns novos estatutos, entre cuxas medidas incorporaba o cambio de nome, e así a Xunta Maior Pro-Fomento de Procesións de Semana Santa de León converteuse en Xunta Maior de Confrarías e Irmandades de Semana Santa de León.

Está composta polos dezaseis abades das confrarías e irmandades da cidade e un segundo representante. De entre estes últimos elíxense o presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro, e o resto dos vogais asígnanse a diferentes comisións de traballo.

Confrarías e irmandades Confraría Hábito Fundación Sede Emblema Confraría da Nosa Señora das Angustias e Soidade 120px 1578 Capela de Santa Nonia 75px Confraría do Doce Nome de Xesús Nazareno 120px 1611 Capela de Santa Nonia 75px Real Confraría do Santísimo Sacramento de Minerva e a Santa Vera Cruz 120px 1612 Igrexa de San Martiño 75px Irmandade de Santa Marta e da Sagrada Cea 120px 1945 Igrexa de San Marcelo 75px Real Irmandade de Xesús Divino Obreiro 120px 1955 Igrexa de Xesús Divino Obreiro 75px Confraría das Sete Palabras de Xesús na Cruz 120px 1962 Igrexa de San Marcelo 75px Confraría do Santo Cristo do Perdón 120px 1964 Igrexa de San Francisco da Vega 75px Confraría de Noso Señor Xesús da Redención 120px 1991 Igrexa de San Martiño 75px Confraría do Santísimo Cristo da Expiración e do Silencio 120px 1991 Convento de San Francisco 75px Confraría de María do Doce Nome 120px 1991 Igrexa de San Martiño 75px Confraría do Santo Cristo da Benaventuranza 120px 1992 Igrexa de San Claudio 75px Confraría do Santo Cristo do Desencravo 120px 1992 Igrexa de Santa Mariña a Real 75px Confraría do Santo Sepulcro Esperanza de Vida 120px 1992 Igrexa de San Froilán 75px Confraría da Agonía de Noso Señor 120px 1993 Igrexa de Santa Mariña a Real Sacramental e Penitencial Confraría de Noso Pai Xesús Sacramentado e María Santísima da Piedade, Amparo dos Leoneses 120px 1994 Basílica de Santo Isidoro Confraría Cristo do Gran Poder 120px 1994 Igrexa de San Lourenzo 75px

Actos e procesións Día Mañá Tarde Noite-madrugada Venres de Dores Procesión da Dolorosa, 20:00 Sábado de Paixón Procesión de Xesús da Esperanza, 18:00Procesión de Irmandade, 18:00 Solemne Vía Crucis Procesional, 21:15 Domingo de Ramos Procesións dos RamosProcesión das Palmas, 10:30 Procesión do Cristo do Gran Poder, 17:00Inmemorial Procesión do Dainos, 19:45Procesión de Noso Señor Xesús da Redención, 20:30 Luns Santo Procesión da Paixón, 20:00Procesión do Rosario de Paixón, 20:30 Solemne Adoración Procesional das Chagas de Cristo, 22:00 Martes Santo Procesión do Perdón, 18:45Procesión da Dor da Nosa Nai, 20:00Tradicional Calvario, 20:30 Mércores Santo Procesión Xesús Camiño do Calvario, 20:00Procesión do Silencio, 20:30Procesión da Virxe da Amargura, 20:45 Rolda Lírico-Pasional Luis Pastrana Giménez, 22:30Solemne Vía Crucis Procesional, 24:00 Xoves Santo Procesión das Benaventuranzas, 09:00Pregón a cabalo, 12:30 Procesión da Despedida, 17:00Procesión de María ao Pé da Cruz, Camiño da Esperanza, 19:15Procesión da Sagrada Cea, 20:00Procesión das Tebras e Santo Cristo das Inxurias, 20:45 Tradicional Rolda, 24:00 Venres Santo Procesión dos Pasos, 07:15 Procesión das Sete Palabras, 18:00Solemne e Oficial Procesión do Santo Enterro, 18:00 Sábado Santo Procesión do Santo Cristo do Desencravo, 16:45Procesión da Soidade, 19:00Procesión Camiño da Luz, 19:15 Piadoso Via Lucis, 24:00 Domingo de Pascua Procesión do Encontro, 08:45

A Rolda

Organizada pola Confraría do Doce Nome de Xesús Nazareno, a Rolda é un acto singular e único que se celebra na noite entre o Xoves Santo e o Venres Santo. Comeza ás 00:00 na praza de San Marcelo, onde, fronte ao antigo consistorio, ten lugar o primeiro dos seus toques oficiais, co que chama o pobo de León á procesión dos Pasos. Para iso, varios irmáns da confraría fan soar a esquila, o clarín e o tambor, e un cuarto clama: «¡Levantaos, hermanitos de Jesús, que ya es hora!». Ese primeiro toque é recibido polo alcalde en representación do pobo de León.

Acto seguido, a Rolda desprázase ao Pazo Episcopal, onde repiten o toque en presenza do bispo, que os recibe en nome da diocese; máis tarde, ante o Pazo dos Guzmanes, sede da Deputación Provincial de León, cuxo presidente os recibe en nome da provincia de León; a continuación, ante a Subdelegación de Defensa, que os recibe en nome das Forzas Armadas; ante a Subdelegación do Goberno, que os recibe en nome do Goberno de España; e, por último, ante a casa do abade da confraría, que os recibe primeiro na súa porta e despois, nun segundo toque, no seu balcón. Tras iso, a Rolda percorre a cidade durante toda a noite.

Procesión dos Pasos

miniatura|Noso Pai Xesús Nazareno durante a procesión dos Pasos.

A Procesión dos Pasos, organizada tamén pola Confraría do Doce Nome de Xesús Nazareno, foi distinguida coas declaracións de interese turístico rexional en 1985, nacional en 1998 e cunha mención especial na declaración de interese turístico internacional da Semana Santa de León en 2002. Comeza ás 7:30 da mañá do Venres Santo e non conclúe ata pasadas as 16:00, tras percorrer as rúas do centro histórico e do ensanche da cidade. Nela, máis de 4000 papóns acompañan trece pasos que recrean os momentos centrais da Paixón. A maioría destes son obras do século XX, debido a que gran parte do patrimonio da confraría, así como o da súa irmá a Confraría de Angustias, se perdeu no século XIX a consecuencia do incendio da que ata daquela era a súa sede, o desaparecido convento de Santo Domingo.

Os pasos que aparecen son, por orde: a Oración no Horto, de Víctor de los Ríos (1952); O Prendemento, de Ángel Estrada (1964); A Flaxelación, de Gaspar Becerra (século XVI); A Coroación, de Higinio Vázquez (1977); o Ecce Homo, da Escola Catalá (1905); Noso Pai Xesús Nazareno, da Escola Castelá (século XVII); A Verónica, de Francisco de Pablo (1926); O Espolio, de Francisco Díez de Tudanca; A Exaltación da Cruz, de José Antonio Navarro Arteaga (2000); A Crucifixión, de José Antonio Navarro Arteaga (2022); o Cristo da Agonía, de Laureano Villanueva (1973); San Xoán, de Víctor de los Ríos (1946); e, por último, A Dolorosa, tamén de Víctor de los Ríos (1949).

O momento central da procesión ten lugar na praza Maior, onde se escenifica o encontro entre San Xoán e a Dolorosa en presenza do Nazareno e onde os trece pasos son bailados ao son da música.

Vocabulario miniatura|Braceiros puxando un paso.

Ao abeiro da celebración da Semana Santa desenvolveuse unha xerga de termos e acepcións que, durante uns días, se converten en coloquiais para a sociedade leonesa. Foi recompilada por Javier Fernández Zardón na súa obra Palabra de papón. Estes son algúns exemplos:

Papón: confrade. Termo de orixe incerta, exclusivo da Semana Santa da provincia de León. Paso: representación en imaxes da Paixón. Trono: parte elevada do paso na que van fixadas as figuras. Puxar: levar o paso aos ombreiros dos propios papóns. Braceiro: papón que puxa un paso. Seise: responsable de cada paso. Levar o paso: todos os braceiros ao unísono. Bailar o paso: abanealo ao son da música de cornetas e tambores. Rasear: deslizar suavemente as solas dos zapatos sobre o pavimento, producindo un son acompasado que teñen a gala os braceiros. Atalladores: persoas que recortan por rúas próximas ao percorrido da procesión para vela varias veces. Dise buscar ou atopar a procesión para vela nalgún dos seus puntos emblemáticos. Facer rúa: esperar a procesión, marcando o percorrido onde non hai beirarrúas. Cronista de beirarrúa: dise de quen ve e sabe contar canto acontece nos desfiles procesionais a pé de rúa.

Gastronomía miniatura|A inxestión de limonada de viño, acto coñecido como «matar xudeus», é unha das tradicións máis típicas da Semana Santa leonesa.

No aspecto gastronómico destacan unha serie de pratos e tradicións que adquiren protagonismo nos días nos que se celebra a Semana Santa. Así, a expresión matar xudeus fai referencia á inxestión de limonada de viño, elaborada con viño tinto, zume de laranxa e de limón, azucre e canela en rama, polos bares da cidade. A tradición parece remontarse á Idade Media e á relación entre cristiáns e xudeus.

Entre os pratos típicos destacan os herdados do costume de non comer carne os venres de Coresma, como a potaxe de vixilia ou o bacallau ao ajoarriero, así como as sopas de allo. No referido á repostaría destacan as torradas, de gran tradición en León, onde cada ano se celebra o Concurso Nacional de Torradas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Matar xudeus Enterro de Genarín Semana Santa en España Semana Santa en Castela e León

Ligazóns externas Xunta Maior da Semana Santa de León Papones. Portal da Semana Santa leonesa Bracero Leonés. Sitio web sobre a Semana Santa leonesa

Categoría:León León Categoría:Festas de interese turístico internacional de España