Auguste-François Michaut, nado en París o 29 de setembro de 1786 e finado en Versalles o 26 de decembro de 1879, foi un medallista, deseñador e gravador de moeda e escultor francés, activo en Francia e nos Países Baixos.
Traxectoria
Primeiros anos e formación en escultura Auguste-François Michaut, nado en París en 1786,Gabet, C. (1831). Páxina 6. era fillo de Jean Michaut, membro dunha asociación de artesáns xunto co seu irmán Jean Baptiste, e propietario dun obradoiro de belas artes especializado en fundición e cicelado, situado na Rue du Temple, en París. Orfo de nai desde 1801, criouse no ambiente artístico da súa familia paterna."Arrivée à Paris des Michot". En Roucairol, C. (2017). Páxina 6.
Cara a 1804 ingresou na École des beaux-arts de París, onde se orientou principalmente á práctica da escultura. Nesa época, tivo como mestres os escultores F. F. Lemot e J. G. Moitte. Chegou mesmo a ser admitido como participante no Premio de Roma en 1809, co tema Marius Assis sus les ruines de Carthage ("Mario sentado nas ruínas de Cartago"), aínda que a doenza torácica que padecía o obrigou a abandonar a escultura."1809-1814 École des Beaux Arts: de la sculpture à la gravure en médailles". Roucairol, C. (2017). Páxina 9.
Inicios como medallista A partir dese momento, André Galle ensinoulle os fundamentos do gravado e converteuse en medallista. Durante ese mesmo período fixo amizade co seu compañeiro de estudos James Pradier, tamén alumno de Lemot.
miniatura|esquerda|140x140px|l’Aigle Française sur le Wolga (1812)."France. Medal commemorating the French army crossing the river Volga 1812". Royal Collection Trust (RCT.uk).
Como medallista, asinaba as súas creacións utilizando a expresión MICHAUT ou ben MICHAUT F[ECIT] a modo de marca de gravador, así como unha lámpada romana sobre un áncora.Roucairol, C. (2017). Páxina 3. Michaut foi elixido en 1812 polo Goberno de Napoleón I para executar o reverso da medalla L'Aigle Français sur le Wolga, baixo a supervisión de Vivant Denon."1812 Les débouts sous Napoleon 1er". En Roucairol, C. (2017). Páxina 14.
O 13 de xuño de 1812 gañou o segundo premio do concurso do Gran Premio de Roma na sección de gravado de medallas, co tema "O Hércules francés", nunha edición na que a Academia Francesa en Roma decidira non conceder o primeiro premio."1812 Récompenses et intrigues aux Beaux Arts: Prix Rome de gravure". En Roucairol, C. (2017). Páxina 12. Participou novamente no concurso o ano seguinte, mais os membros do xurado desculpáronse con Michaut, xa que nesa convocatoria só se ía conceder un segundo premio e el xa o acadara o ano anterior, polo que non podía repetir na competición."1813 Suite des concours et intrigues". En Roucairol, C. (2017). Páxina 17.
Gravador de moeda de Luís XVIII Durante a primeira Restauración, o 2 de agosto de 1814 convocouse un "concurso para acadar a perfección no gravado de moedas", co obxectivo de redefinir a tipoloxía das moedas que se emitirían a nome de Luís XVIII (1814-1824), correspondentes ao novo sistema monetario. Michaut resultou gañador do concurso ao se impor a seis medallistas máis vellos e con máis experiencia ca el: Bertrand Andrieu, Nicolas Guy Antoine Brenet, Jean-Pierre Droz, Nicolas Marie Gatteaux e Pierre-Joseph Tiolier."Graveur des monnaies de Louis XVIII". En Roucairol, C. (2017). Páxinas 19-21."Louis XVIII. Les essais monétaire de 1816". Multicollec.net
Así as cousas, un decreto do 9 de decembro de 1815 estableceu que os deseños de Michaut substituísen os antigos e que se cuñasen novas moedas a partir do 1 de xaneiro de 1816."Auguste-François Michaut". Numista.com O tipo que executou para unha moeda francesa de cinco francos (écu; "escudo") recibiu grandes gabanzas do crítico de arte Edmond About: «cando este écu se guinda sobre o mostrador dun comerciante, non hai dúbida de que se está a gastar unha obra mestra». E tamén en palabras de Thérèse Vallier: «Durante a Restauración borbónica, a glíptica continuou a considerarse importante grazas aos académicos pomposos. Michaut salientou como unha excepción. Nunha chispa de xenio deu forma, co seu écu de Luís XVIII, a unha peza verdadeiramente marabillosa de claridade e elegancia».
Traballo na Corte dos Países Baixos miniatura|140x140px|Medalla da unión dos Países Baixos e Bélxica (1815)."Pays-Bas & Belgique 1815 Médaille de l'Unification de Guillaume I". Parismuseescollections.paris.fr Despois, Auguste François Michaut foi chamado á Corte dos Países Baixos para executar moedas de ouro e de prata, así como grandes selos oficiais do Estado e varias medallas. O rei Guillerme I (1815-1840) nomeouno gravador de moeda e medallista da Corte durante tres anos mediante un decreto real do 4 de outubro de 1815. Tal nomeamento implicaba tamén a disposición de vivenda propia na Casa da Moeda de Utrecht —a Real Casa da Moeda dos Países Baixos— e, posteriormente, na que daquela era a súa sucursal en Bruxelas (1817). Asignóuselle ademais un soldo oficial de 2000 floríns ao ano."Graveur des monnaies des monnaies des Pays Bas 1815-1820". En Roucairol, C. (2017). Páxinas 25-40.
O 9 de decembro de 1816, o rei confioulle o gravado dos cuños para as moedas de 10, 3, 1 e ½ florín co busto do rei, en tanto que a D. van der Kellen e A. J. van der Monde, gravadores da Casa da Moeda de Utrecht, se lles encargou a cuñaxe do resto das moedas de prata e de cobre, así como os ducados de ouro.
Ademais, Michaut produciu varias outras medallas, entre elas a que celebraba a unión dos Países Baixos con Bélxica (1815). En 1820 foi nomeado membro da Real Sociedade de Belas Artes e Literatura (sección de gravado) en Gante, e tamén foi elixido membro do Instituto Real dos Países Baixos.
Volta a Francia: gravador de moeda de Carlos X Logo do seu regreso a París en 1820, foi nomeado medallista do Delfín,"Médailleur du Dauphin". En Roucairol, C. (2017). Páxinas 41-46. e o 28 de abril de 1821 recibiu a Lexión de Honra de por orde de Luís XVIII; recibiu a distinción da man de François Frederic Lemot, que fora o seu mestre desde os primeiros anos, na Ecole des Beaux Arts de París. Nese mesmo ano, o seu apartamento parisiense foi devastado por un incendio e sufriu feridas graves nos seus intentos de impedir a propagación das lapas. Con todo, continuou a producir numerosas medallas, e as súas creacións máis exitosas foron expostas nos Salóns de París de 1827 e de 1831."1827-1831 Exposition aux Salons [...]". En Roucairol, C. (2017). Páxinas 60-61. miniatura|180x180px|Medalla Des vœux des habitants de Versailles (Ca. 1826)."Charles X Médaille des vœux des habitants de Versailles". CGB.fr Cando Carlos X (1824-1830) ascendeu ao trono, Auguste François Michaut tivo a idea dunha medalla que chamou Des vœux des habitants de Versailles "Votos dos habitantes de Versalles", que representaba a disposición dos habitantes de Versalles para o regreso do rei á antiga residencia real. Mentres tanto, abriuse un concurso para definir como aparecería o busto de Carlos nas medallas oficiais. Aínda que este concurso resultou infrutuoso, nunha segunda convocatoria o Goberno solicitoulle directamente a Michaut que se encargase da cuñaxe das moedas de 5 e 40 francos do novo sistema monetario, unha implicación gobernamental que foi recibida con desaprobación nalgúns sectores. A súa remuneración foi de 44 800 francos."Dernières médailles sous Louis Philippe". En Roucairol, C. (2017). Páxinas 63-78.
En 1827, o Ministerio da Mariña encargoulle gravar unha medalla para o Consello Privado de Asuntos Coloniais cuxo tema sería "Carlos X concedendo a Carta ás Colonias"."1827 Des médailles pour les Colonies". En Roucairol, C. (2017). Páxinas 56-57. Ademais, executou unha medalla en asociación con James Pradier dedicada a Luís Filipe I, na que se representa o busto do monarca entre sinais e bandeiras que representan os partidos políticos da época, xunto co lema "Aceptando a coroa por patriotismo, el frustra os partidos". Esa medalla está dedicada á Garda Nacional.
Michaut sufrira feridas graves nas mans por mor do incendio da súa residencia, o que fixo que o proceso de manexo de ferramentas resultase extremadamente difícil para el. Non obstante, esforzouse por superar ese gran obstáculo participando nun concurso para o busto de Luís Filipe (1830-1848) nas medallas oficiais, pero o rei non lle concedeu a sesión particular que lle tiña preparada o ministro de Facenda, xulgando que todos os participantes merecían as mesmas posibilidades. Nicolas-Pierre Tiolier sería quen executaría as novas moedas entre 1830 e 1831, e neste último ano Jean Philippe Domart, un antigo compañeiro de estudos na École des beaux-arts, sería quen finalmente gañase o concurso. miniatura|140x140px|Medalla co busto de Luis Filipe (1832)."Médaille de la citadelle d'Anvers". Auguste françois michaut (Sites.google.com) Michaut ofreceuse para ocupar o posto de curador de medallas na Casa da Moeda, e posteriormente para o de inspector-auditor —un cargo que implicaba comprobar a calidade dos cuños mestres antes de que se empregasen para cuñar as moedas—, e dirixiuse ao administrador da ceca real mediante varias cartas para facer propostas sobre como se debían conservar as medallas. Con todo, as súas iniciativas non acadaron o éxito esperado. A partir dese momento, non volveu ocuparse de ningunha nova moeda, e a súa produción de medallas minguou notablemente, ata que acabou por retirarse en Versalles.
Derradeira etapa como escultor Michaut autodenominábase "Michaut des monnaies" ("Michaut das Moedas"), xa que quería evitar que o confundisen cun xeneral co mesmo apelido que loitou nas guerras napoleónicas e que vivía na mesma rúa ca el. Retirado da súa actividade como medallista, vivía das rendas xeradas polo alugueiro dos diversos apartamentos que posuía en Versalles e París, así como dunha pensión anual de 300 francos para vivenda da que era beneficiario desde 1832, procedente da Oficina de Belas Artes e Ciencias adscrita ao Ministerio de Comercio e Obras Públicas."1831 Dernière médaille de Michaut des monnaies". En Roucairol, C. (2017). Páxina 78.
A súa amizade co director do Instituto para Xordomudos, Desiré Ordinaire —que era admirador do abade Charles-Michel de l'Épée, o pai fundador da educación gratuíta para nenos xordomudos, e tamén inventor, en 1770, da primeira lingua creada baseada nun sistema de sinais— levouno a producir a súa derradeira obra. A longa doenza do pai de Michaut atrasou o proxecto durante un tempo, mais en 1839 comezou a facer difusión dunha estatuiña que creara do abade, e unha comisión creada para a creación dun "monumento ao abade de l'Épée" determinou que se erguese unha estatua a partir do modelo proposto por Michaut. Ao ser Charles Michel de l'Épée orixinario de Versalles, decidírase erguer o monumento para axudar a recadar fondos para o Instituto. Michaut esculpiu a estatua e fundiuna en bronce ás súas costas en 1843. O abade aparece de pé, sostendo na man esquerda unha táboa na que está gravada a palabra DIEU ("Deus"). A súa man dereita está ergueita, e os seus dedos forman a letra D na lingua de sinais. A obra foi inaugurada o 5 de setembro de 1843."Inauguration de la statue de l'abbé de L'Épée. A Versailles". En L'Illustration. Nº 29. Vol. II. 16 de setembro de 1843."Retour à la statuaire". En Roucairol, C. (2017). Páxinas 79-86.miniatura|Detalle do monumento ao abade Charles-Michel de l'Épée (1843), na praza da catedral de San Luís, en Versalles.En 1859 esculpiu os baixorrelevos que se ían colocar na base da estatua. O monumento, que foi desprazado varias veces, volveu finalmente ao lugar onde estivo inicialmente, na praza da catedral de San Luis en Versalles.
Michaut implicouse máis tarde na política local de Versalles como concelleiro, e foi merecedor unha medalla de prata por esta contribución en 1843."1843-1879 Notable à Versailles". En Roucairol, C. (2017). Páxina 88.
Vida persoal e familiar