A Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa é un dos 28 entes públicos coñecidos como Autoridades Portuarias, que son os encargados do control das instalacións dependentes de Portos do Estado chamadas «Portos de Interese Xeral». No seu eido de actuación atópase o Porto de Vilagarcía de Arousa.

Situada na ría de Arousa, provincia de Pontevedra, o porto que xestiona é, dende hai máis de 125 anos, unha referencia na actividade comercial e industrial da ría de Arousa e de Galicia.

A maior aposta da Autoridade Portuaria é a «incorporación de valor engadido», en aspectos como a «optimización de infraestruturas» ou a «excelencia no servizo», así como a «captación de novos tráficos» e a «xestión comercial», claves para reforzar a posición de Vilagarcía no sistema portuario galego e nacional.

Presidentes Manuel Piñeiro Acosta (5 de decembro de 1968 a 13 de xullo de 1983; presidente da Xunta do Porto de Vilagarcía de Arousa). Celso Callón Recuna (13 de xullo de 1983 a 18 de setembro de 1996; presidente da Xunta do Porto de Vilagarcía de Arousa até o 1 de xaneiro de 1993). José Luis Rivera Mallo (18 de setembro de 1996 a 20 de abril de 1998). Manuel Bouzas Moure (20 de abril de 1998 a 18 de decembro de 2001). Benito González Aller (18 de decembro de 2001 a 3 de outubro de 2005). Jesús Paz Arias (3 de outubro de 2005 a 11 de xuño de 2007). Joaquín Javier Gago López (11 de xuño de 2007 a 10 de xullo de 2009). Fernando Javier Puertas Castillo (10 de xullo de 2009 a 21 de xullo de 2011). Sagrario Franco Malvar (21 de xullo de 2011 a 27 de novembro de 2020). José Manuel Cores Tourís (dende o 27 de novembro de 2020).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Portos de Galicia Categoría:Vilagarcía de Arousa