Gwyneth Suzanne Philips, nada oa 17 de setemfro de 2000 en Athens (Estados Unidos), é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo estadounidense. Xoga de porteira para o Ottawa Charge da Professional Women's Hockey League (PWHL) e na selección estadounidense.
Campioa do mundo cos Estados Unidos en 2025, recibiu o trofeo Ilana Kloss como MVP dos play-offs logo de liderar o Ottawa Charge nas finais de 2025. Nos Xogos Olímpicos de 2026 gañou a medalla de ouro cos Estados Unidos. No hóckey universitario recibiu o WHCA National Goalie of the Year en 2023 e finalizou a súa etapa universitaria nas Northeastern Huskies coa porcentaxe de paradas máis alta da historia da NCAA (95,8%).
Categoría:Nados en Ohio Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadoras do Ottawa Charge Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo