Hayley Scamurra, nada o 14 de decembro de 1994 en Williamsville (Estados Unidos) é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo estadounidense. Xoga como dianteira para o PWHL Las Vegas da Professional Women's Hockey League (PWHL), e coa selección estadounidense. Anteriormente xogou para o Montreal Victoire, o Ottawa Charge, e as Toronto Sceptres da PWHL.
A nivel internacional Scamurra representou os Estados Unidos en seis Campionatos do Mundo, gañando tres medallas de ouro (2019, 2023, 2025) e seis de prata (2021, 2022, 2024). Tamén gañou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2022 celebrados en Pequín, en 2026 colgouse o ouro coa selección do seu país. No hóckey profesional, gañou a Isobel Cup coas Buffalo Beauts en 2017. Scamurra liderou en anotación a National Women's Hockey League durante a tempada 2018–19 e foi nomeada rookie do ano na tempada 2017–18.
Xogou hóckey universitario coas Northeastern Huskies entre 2013 e 2017, rexistrando 111 puntos en 123 partidos. Foi nomeada Mellor Dianteira Defensiva en Hockey East Best no seu derradeiro ano e foi seleccionada tres veces Hockey East All-Academic Team. Antes de xogar na universidade foi unha das poucas xogadoras estadounidenses que competiu na Provincial Women's Hockey League, xogando para as Burlington Barracudas e as Oakville Hornets. É filla do antigo xogador dos Washington Capitals Peter Scamurra.
Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Nados en 1994 Categoría:Xogadoras do Montreal Victoire Categoría:Xogadoras do Ottawa Charge Categoría:Xogadoras das Toronto Sceptres Categoría:Xogadoras do PWHL Las Vegas Categoría:Xogadoras das Buffalo Beanuts Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de prata polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo