Jules-François-Paul Fauris de Saint-Vincens, nado en Aix-en-Provence o 21 de xullo de 1718 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1798, foi un alto maxistrado, historiador e numismático francés.

Traxectoria Jules Fauris de Saint-Vincens naceu en Aix o 21 de xullo de 1718,"Fauris de Saint-Vincens, Jules François Paul". Comité des travaux historiques et scientifiques ( CTHS.fr). e foi bautizado na igrexa do Espírito Santo desa cidade, fillo de Anne Barthélémie de Bouchet de Faucon (nada en 1693) e de Antoine de Fauris de Saint-Vincens (1669-1760).

Era cabaleiro, señor de Saint-Vincent, Gentiac, Noyers, Aigremont e parte de Malcor. Formouse en Dereito e ingresou na maxistratura.Fauris de Saint-Vincens, A. J. A. (1799). Páxinas 3-4. Foi nomeado conselleiro do rei no Parlamento de Provenza o 10 de outubro de 1737, e logo promovido á presidencia desa institución o 10 de marzo de 1746. Mantívose activo despois do período revolucionario e foi o segundo maxistrado en ocupar o cargo de primeiro presidente do Tribunal de Apelación de Aix-en-Provence durante o Imperio.

Fauris demostrou un particular interese polos libros, a historia, os monumentos antigos da Provenza e, sinaladamente, pola numismática. Cos anos foi formando unha biblioteca que chegou a alcanzar os 12.000 volumes e unha colección de moedas, sobre todo das antigas Grecia e Roma, e tamén as cuñadas na Provenza, algunhas das cales doou á Academia de Marsella. Ademais de estudar e facer diversas publicacións sobre as pezas da súa colección, púxoas tamén ao dispor doutros numismáticos da súa época, como o abade Jean-Jacques Barthélemy, a quen consideraba un mestre en materia numismática.Fauris de Saint-Vincens, A. J. A. (1799). Páxinas 5-15. Jules Fauris foi nomeado membro asociado da Académie des inscriptions et des belles lettres"Fauris de Saint-Vincens (Jules-François-Paul)". En Biographie universelle ou dictionnaire de tous les hommes qui se sont fait remarquer [...]. Société de gens de lettres, Bruxelles. 1844. Vol. 7. Páxina 209. o 6 de marzo de 1786, precisamente por iniciativa de Barthélemy.Fauris de Saint-Vincens, A. J. A. (1799). Páxina 5-16. Tamén foi membro fundador da Academia de Ciencias, Agricultura, Artes e Letras de Aix-en-Provence.

A biblioteca e a colección numismática de Fauris de Saint-Vicens, aumentadas posteriormente polo seu fillo Alexandre, foron adquiridas posteriormente polo municipio de Marsella e, mediante un decreto real de Luís XVIII de 1821, pasaron a constituír o xermolo do Gabinete de Moedas e Medallas de Marsella."Le Cabinet des Monnaies et Médailles de Marseille : coup de projecteur sur une institution qui devient bicentenaire en 2021". Marseille.fr"Le Cabinet des médailles. Une grande richesse des collections et une histoire bicentaire". Archives.marseille.fr

Vida persoal e familiar Jules Fauris casou o 31 de maio de 1746 con Julie de Villeneuve de Vence (1726-1778), filla do marqués de Vence, na igrexa do Espírito Santo de Aix. Tiveron dúas fillas, chamadas Sophie e Rossoline, e un fillo, de nome Alexandre,"(de) Fausris". Anciennesfamillesdeprovence.fr tamén maxistrado e presidente da Academia de Aix."Fauris de Saint-Vincens (Alexandre-Jules-Antoine)". En Biographie universelle ou dictionnaire de tous les hommes qui se sont fait remarquer [...]. Société de gens de lettres, Bruxelles. 1844. Vol. 7. Páxina 209.

Finou en Aix o primeiro brumario do ano sétimo, segundo o calendario republicano francés,Fauris de Saint-Vincens, A. J. A. (1799). Páxina 33. ou sexa o 22 de outubro de 1798, e foi soterrado o día seguinte.

Publicacións

(1770). Tables des monnaies et les monuments des anciens Marseillais. (1771). Mémoire sur les monnaies et les monuments des anciens marseillais.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Fauris de Saint-Vincens, A. J. A. (1799). Notice sur Jules-François-Paul Fauris Saint-Vincens. A. Henricy, Aix.

Categoría:Nados en 1718 Categoría:Finados en 1798 Categoría:Nados en Aix-en-Provence Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Políticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Xuíces de Francia Categoría:Nobres de Francia Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Coleccionistas