A baía ou golfo de Benín é unha gran baía no océano Atlántico situada na costa de África Occidental, a parte occidental do golfo de Guinea. Limita coas costas, de oeste a leste, de Ghana, Benín, Togo e Nixeria.
Esténdese aproximadamente 640 km ao longo da costa desde o cabo San Paulo en Ghana ata a desembocadura do río Níxer en Nixeria.
Os seus principais portos son Tema (en Ghana, conectada coa cidade de Accra), Lomé (en Togo), Cotonú (en Benín) e Lagos (en Nixeria). Foi un lugar clave no comercio de escravos entre os séculos XVI e XIX, e a rexión adxacente ao delta do Níxer pasou a coñecerse como a Costa dos Escravos.
Na década de 1830, o comercio de aceite de palma converteuse na principal actividade económica e, na década de 1950, descubriuse o petróleo, o que diversificou as ocupacións rexionais.
Ríos que desembocan no golfo Numerosos ríos da costa de África Occidental desembocan no golfo de Benín. Os máis importantes, de oeste a leste, son:
O río Volta, en Ghana, cunha lonxitude de 1 500 km e unha conca hidrográfica de 407 093 km² O río Mono, en Togo e Benín, cunha lonxitude de 467 km e unha conca hidrográfica de 25 000 km² O río Ouemene, en Benín O río Ogun, en Nixeria O río Níxer, en Nixeria, cunha lonxitude de 4 184 km e unha conca hidrográfica de 2 261 763 km²
Notas
Categoría:Baías Categoría:Xeografía de África