dereita|miniatura|465x465px|Áreas salientables e distintivas dentro do dominio do español. O yeísmo é un fenómeno lingüístico da lingua castelá polo cal o dígrafo ll , "L" dobre, co que se representa o fonema do Alfabeto Fonético Internacional (escrito en galego como ll e en portugués e galego reintegracionista como lh), sofre unha alteración fonética e se pronuncia como y, dando lugar aos fonemas , , , e . Estas dúas últimas son pronuncias características do castelán riopratense, especialmente en Buenos Aires e Montevideo e nas súas respectivas áreas de influencia. Aínda que esta variedade recibiu unha forte influencia da inmigración italiana, non existe consenso sobre que esta sexa a orixe desas pronuncias.

Este fenómeno, de posíbel orixe andaluza, está presente actualmente en diversas variantes da lingua castelá, especialmente na América hispana . Aínda que está moi estendido no castelán, o yeísmo non se produce en todas as súas variedades. A distinción entre ⟨ll⟩ e ⟨y⟩ conservouse tradicionalmente en partes de Castela, Navarra, A Rioxa e Aragón, así como nas Filipinas e en certas zonas hispanoamericanas, especialmente en rexións de Colombia, Perú, Bolivia e Paraguai.

Yeísmo rehilado O chamado yeísmo rehilado é unha realización característica do castelán riopratense, na que o fonema resultante da fusión de /ʎ/ e /ʝ/ se pronuncia como unha consoante fricativa postalveolar, sonora [ʒ] ou xorda [ʃ].José Luis Ramírez Luengo, «Un aporte para la datación del yeísmo rehilado en el español del Uruguay», pp. 345–346.

A realización [ʒ] é semellante ao son representado polo grafema ⟨j⟩ en portugués, mentres que [ʃ] se asemella ao representado polo dígrafo ⟨sh⟩ en inglés.

Fenómenos semellantes no galego e no portugués En diversas variedades do portugués brasileiro, a lateral palatal /ʎ/, representada polo dígrafo ⟨lh⟩, pode realizarse como a semivogal [j]. Este proceso, denominado semivocalización da lateral palatal ou iotacismo, pode reflectirse ocasionalmente na escrita informal en formas como velho > véio, palha > paia e trabalho > trabaio.

A substitución de /ʎ/ por [j] tamén foi descrita no portugués da illa de São Miguel, nos Azores.Paula Mendes Costa, Descrição fonológica do crioulo guineense, Universidade Federal de Pernambuco, 2014, p. 109.

No Portugal continental e na lingua galega tamén se documenta a substitución da lateral palatal /ʎ/ por unha consoante palatal central, fenómeno que támén é denominado ás veces yeísmo. Con todo, non é estritamente idéntico ao yeísmo castelán, pois no galego tradicional non implica a neutralización dunha oposición fonolóxica entre /ʎ/ e /ʝ/.Elisa Fernández Rei, «O ensino da fonética galega a castelanfalantes: problemas e métodos», pp. 448-449. Estas variacións ás veces foron atribuídas á influencia externa, especialmente do castelán e do asturleonés.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Fonética Fonética histórica Pronunciación

Categoría:Lingua castelá Categoría:Fonética