Carlos Alfonso Rosero, nado en Buenaventura o 5 de setembro de 1959, é un antropólogo, líder social e político colombiano. O 27 de febreiro de 2025 foi designado como Ministro de Igualdade e Equidade de Colombia no goberno de Gustavo Petro.

Traxectoria Rosero estudou antropoloxía na Universidade Nacional de Colombia. Foi cofundador do movemento político Proceso de Comunidades Negras (PCN), sendo unha figura clave na implementación de políticas públicas relacionadas cos pobos afrodescendentes en Colombia, participando en procesos de incidencia política tanto a nivel nacional como internacional. O seu traballo foi fundamental na promoción do Convenio 169 da OIT e na Lei 70 ou Lei das Comunidades Negras de 1993, que recoñece os dereitos das comunidades negras en Colombia.

Ademais do seu activismo, traballou en investigacións sobre identidade, territorio, racismo e resistencia dos pobos afrocolombianos, contribuíndo ao debate académico e político sobre a inclusión e equidad racial no país.

Aspiracións electorais esquerda|miniatura|180x180px|Rosero acompañando a Francia Márquez na campaña de 2022. En 1990 foi candidato á Asemblea Nacional Constituínte, onde buscou representar ás comunidades afrocolombianas, promovendo a inclusión destes grupos na nova Constitución de Colombia. En 2002, postulouse para unha candidatura á Cámara de Representantes polo Movemento Aponury. En 2022, foi candidato ao Senado da República na lista pechada da coalición do Pacto Histórico en representación do daquela movemento Soy Porque Somos co aval do Polo Democrático Alternativo xunto con Vicenta Moreno, aínda que ambos declinaron á súa aspiración por considerar que a súa posición na lista non lles era favorable contrario ao pactado.

En 2022, Rosero foi nomeado como representante das comunidades negras nos diálogos entre o goberno Petro coa guerrilla do ELN.

Activismo internacional Carlos Rosero foi un actor clave na "Alianza Estratéxica de Afrodescendentes de América Latina e o Caribe", desempeñando un rol na coordinación política desta organización. A través do seu traballo, promoveu a inclusión das comunidades afrodescendentes nos foros internacionais e loitou polo cumprimento de compromisos internacionais contra o racismo estrutural, como os estabelecidos na Declaración e o Programa de Acción de Durban de 2001. Tamén avogou polo recoñecemento dos seus dereitos en temas globais como o cambio climático e a biodiversidade.

Ministro de estado esquerda|miniatura|Rosero en xuño de 2025 no seu rol de ministro. O 27 de febreiro de 2025, o presidente Petro anunciou varios cambios no seu gabinete, entre eles a Carlos Rosero como titular do Ministerio da Igualdade, en substitución da vicepresidenta Francia Márquez, quen enfrontara varios retos e críticas durante a creación e consolidación do ministerio. Márquez terminou aceptando dar un paso ao lado para dedicarse de cheo ao seu labor como vicepresidenta, en medios de comunicación especulouse a súa ruptura con Rosero quen foi o seu mentor político e asesor no ministerio debido a unha carta que Márquez enviou ao movemento liderado por Rosero Proceso de Comunidades Negras onde anunciaba a súa renuncia ao mesmo.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Buenaventura Categoría:Antropólogos de Colombia Categoría:Ministros de Igualdade e Equidade de Colombia Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Colombia Categoría:Colombianos de ascendencia africana