José Rodríguez Portugal, nado en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) o 3 de decembro de 1908 e finado en Ourense o 19 de xaneiro de 1998, foi un médico anarcosindicalista galego.

Traxectoria Fillo do veterinario Camilo Rodríguez Rodríguez e de Dorotea Portugal Hernández. Estudou por libre na Academia General de Manuel Sueiro, aprobou o bacharelato no Instituto de Ourense. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1926-1933). Ao rematar a carreira fixo o servizo militar na polvoreira da Coruña. Despois pasou ao Hospital Militar de Madrid co psiquiatra Antonio Vallejo-Nájera. Co seu amigo José Pardo Babarro foi un dos organizadores do Sindicato de Sanidade da CNT de Santiago de Compostela e foi o primeiro asinante pola comisión organizadora na entrega dos seus estatutos no Goberno Provincial da Coruña. Exerceu de médico en Amoeiro, onde foi chamado polo deu alcalde Castor Sánchez Martínez para compensar a influencia do utro médico municipal e dirixente local de Falange.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido por desafecto ao réxime e polos receos do médico falanxista de Amoeiro, mesmo soubo que un pistoleiro profesional fora contratado para asesinalo. O seu coche foi requisado e utilizado para os paseos, e despois non quixo recuperalo. Foi destituído e trasladouse primeiro a San Cristovo de Cea e despois a Ourense, baixo a protección do seu sogro, o médico Jesús Taboada Diéguez. Enrolado como soldado no exército rebelde, en 1938 foi destinado aos hospitais da Coruña, Ourense e Benicàssim, sen querer ascender de rango militar.

Ao rematar a guerra estableceuse no barrio da Ponte de Ourense, exercendo a medicina interna e aa radioloxía na súa consulta particular. A finais dos anos corenta obtivo praza de médico na Seguridade Social, aínda que tivo que agardar algúns anos para poder exercela. Non tivo actividade política neses anos.

Morreu o 19 de xaneiro de 1998 na Residencia Sanitaria de Ourense e foi soterrado no Cemiterio de San Francisco.Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ourense, 20-1-1998, L39. Vida persoal

Casou en febreiro de 1936 coa farmacéutica Josefa Taboada Allú,Josefa Taboada Allú e foi pai de José Luis, María Teresa, Emilia, Rosario e María del Carmen Rodríguez Taboada.Los triunfo de los Rodríguez Portugal Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Anarcoefemérides Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Ourense.

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Anarcosindicalistas

Categoría:Represaliados polo franquismo