Robert Remak, nado o 26 de xullo de 1815 e finado o 29 de agosto de 1865, foi un embriólogo, fisiólogo e neurólogo nado en Posen, Prusia, que descubriu que a orixe das células era a división de células preexistentesMagner, Lois N. A history of the life sciences, p185 e por outros importantes descubrimentos.

Segundo o historiador Paul Weindling, Rudolf Virchow, un dos fundadores da moderna teoría celular, plaxiou a noción de Remak de que todas as células proceden de células preexistentes. Remak concluíu isto despois de observar glóbulos vermellos de embrións de polo en varios estadios de división. Despois confimou que o proceso se producía na célula de todos os ovos de ra inmediatamene despois da fertilización, probando que est era un fenómeno universal e finalmente a razón dos resultados dos tests de Louis Pasteur, que probara previamente que non había unha xeración espontánea da vida.

Remak obtivo o seu título de médico da Universidade Friedrich Wilhelm de Berlín (agora chamada Universidade Humboldt) en 1838 especializándose en neuroloxía.Kish, B. 1944. Forgotten leaders in modern medicine: Valentin, Gruby, Remak, Auerbach. Transactions of the American Philosophical Society. 44, Issue 2, 139–317. Estudou baixo a dirección de Johannes Müller na Universidade de Berlín. Coñécese principalmente porque reduciu as catro capas xerminais que propoñía Karl Ernst von Baer a só tres: ectoderma, mesoderma e endoderma. Tamén descubriu as células de Schwann non mielinizadas que rodean as fibras nerviosas periféricas, agora chamadas células de Remak, e as células nerviosas do corazón ás veces chamadas ganglios de Remak.

Malia os seus logros, como era xudeu, negáronlle repetidamente o posto de profesor titular, e finalmente, ao final da súa vida foi nomeado profesor axudante, sendo o primeiro xudeu que ensinou nesa institución. Mesmo entón nunca se lle recoñeceron debidamente os seus descubrimentos.The Cell - The Hidden Kingdom, BBC Documental [54:39]

O seu fillo Ernst Julius Remak foi tamén neurólogo, e o seu neto, que se chamaba igual ca el, foi o matemático Robert Remak, que morreu en Auschwitz en 1942.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biograía Biografía científica Curta biografía e bibliografía no Virtual Laboratory do Max Planck Institute for the History of Science

Categoría:Nados en 1815 Categoría:Finados en 1865 Categoría:Médicos de Alemaña Categoría:Neurólogos de Alemaña