Ellat-e Marg: Nâmaloum (en ) é un filme iraiano de 2023 escrito e dirixido por Ali Zarnegar e producido por Majid Barzegar. Está protagonizado por Banipal Shoomoon, Alireza Sanifar e Neda Jebraeili, e segue a sete pasaxeiros que viaxan a través do deserto de Lut de Irán, cuxa viaxe nocturna se interrompe cando un deles morre repentinamente, obrigando ao grupo a un tenso dilema moral despois de descubrir unha suma oculta de diñeiro no corpo.
Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Banipal Shoomoon como Ahmad Alireza Sanifar como Naser Neda Jebraeili como Bahar Ali Mohammad Radmanesh como Majid Zakieh Behbahani como Najveh Reza Amouzad como Esmaeil Soheil Bavi como Peyman Saeed Rezaeikia como o pasaxeiro morto Mansour Ghanijahed como policía Mohammadreza Hosseinian como policía Ashkan Ashoori como condutor Sahar Babaei como muller baluchi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes rodados en Irán Categoría:Filmes ambientados en Irán