O encoro de San Pedro é unha construción nocurso baixo do río Sil, en terreos dos concellos de Nogueira de Ramuín, Pantón e Sober. A presa que o regula pertence á empresa Iberdrola.

Historia A central hidroeléctrica de San Pedro rematouse en 1959. Os obreiros que o construíron aloxábanse no poboado de San Pedro, a carón da estación de San Pedro do Sil. A presa sitúase a 1,5 km augas arriba da desembocadura do río Sil no río Miño, e augas abaixo do encoro de Santo Estevo.

En 2017 culminou a ampliación do complexo coa puesta en marcha da central de San Pedro II, ampliando a potencia total até os 55,25 MW, o que constitúe o maior complexo hidroeléctrico de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Estado del Embalse de San Pedro, en Embalses.net Ficha na web da Sociedad Española de Presas y Embalses

San Pedro Categoría:Río Sil Categoría:Pantón Categoría:Nogueira de Ramuín Categoría:Sober