Colin Robert Bruce, nado en Buffalo, Nova York o 16 de setembro de 1939 e finado en Iola, Wisconsin, o 3 de setembro de 2027, foi un coleccionista, autor e editor numismático estadounidense.

Traxectoria Colin Robert Bruce naceu en setembro de 1939 na cidade de Buffalo, no estado de Nova York,Mishler, C. (2018). fillo de Delphine Hybel e de Reginald Bruce."Colin Robert Bruce Ii". Voiefuneralhome.com

Entre 1957 e 1962 traballou na compañía industrial Columbus McKinnon Corporation, e entre 1962 e 1965 serviu no Exército dos Estados Unidos,Smith, P. (2025). traballando con mísiles tipo Nike en El Paso, Texas. Foi neste período cando comezou a interesarse pola numismática, como coleccionista de moedas mexicanas —pola proximidade deste país a El Paso—, que posteriormente ampliou ás emisións da China, Xapón e os estados principescos da India.Stark, J. (2017).

Antes de se introducir profesionalmente no ámbito editorial, durante un tempo dedicouse ao comercio numismático en North Tonawanda, Nova York.

En 1972 empezou a colaborar coa editorial Krause Publications en condición de catalogador especializado, na segunda edición do Standard Catalog of World Coins, que se publicou entre 1972 e 1973."Bruce, Colin R. (2nd)". Contributors to British Numismatics. British Numismatic Sociaty (britnumsoc.org). Neste catálogo contribuíu especialmente nas emisións dos países que coñecía ben ao ocuparen un lugar preferente na súa colección numismática. No propio 1973 trasladouse a Iola, Wisconsin, onde a editorial tiña a súa sede, xa incorporado á compañía como editor, para se facer cargo da terceira edición do catálogo, publicada en 1975. A partir de entón, foi o catalogador e editor principal de todas as edicións anuais posteriores, ata a número 35, publicada en 2007, un ano antes da súa xubilación.

Ademais deste catálogo de referencia, Bruce foi o catalogador principal do Standard Catalog of World Paper Money, desde a súa primeira edición en 1975 ata pouco antes de se xubilar; do Unusual World Coins, publicado por primeira vez en 1987, e doutros catálogos especializados dentro da numismática internacional. Igualmente, foi un colaborador habitual de revistas numismáticas como World Coin News ou Bank Note Reporter, onde contribuíu con artigos sobre numismática e notafilia ao longo dos anos.

En 1982 foi recoñecido co premio Lhotka, outorgado pola Royal Numismatic Society, de Londres."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society (numismatics.org).

Vida persoal Bruce estivo casado e, xunto coa súa esposa Kandy, tivo tres fillos, chamados Jon, Colin e Kristian.

O 3 de setembro de 2017 finou vítima do cancro, aos 77 anos, na residencia Iola Living Assistance, de Iola, Wisconsin, a cidade onde residía desde 1974. O seu corpo foi incinerado nunha funeraria local.

Publicacións Estes son os traballos monográficos publicados por Colin R. Bruce en Krause Publications ao longo da súa traxectoria, nuns casos como autor e noutras como editor principal. A maior parte delas teñen numerosas edicións actualizadas posteriores, a partir da edición orixinal, que se manteñen mesmo despois do falecemento de Bruce: (1975). Standard Catalog of World Coins. Krause Publications. (1975). Standard Catalog of World Paper Money. Krause Publications. ISBN 978-0873410021 (1981). Standard Catalog of Mexican Coins, Paper Money, Bonds and Medals. Krause Publications. ISBN 9780873410601 (1982). Standard Catalog of South Asian Coins and Paper Money (con J. S. Deyell et al.). Krause Publications. ISBN 9780873410694 (1985). Standard Catalog of World Gold Coins. Krause Publications. ISBN 978-0873410311 (1986). Collecting World Coins: a Century of Monetary Issues. Krause Publications. ISBN 9780873411004 (1987). Unusual World Coins. Krause Publications.

(1994). Standard Catalog of German Coins (con N. D. Nicol). Krause Publications. ISBN 978-0873412728 (2002). Standard Catalog of Stocks and Bonds (con R. Stahlberg). Krause Publications. ISBN 978-0873493567

(2007). Modern World Gold Coins (con T. Michael). Krause Publications. ISBN 978-0896896437

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Mishler, C. (2018). "Colin R. Bruce, II (1939-2017)". En The E-Sylum. Vol. 20. Nº 37. 10 de setembro. Smith, P. (2025). "Bruce, Colin R. II". En American Numismatic Biographies. Páxina 65. Stark, J. (2017). "Numismatist, author Colin R. Bruce II dies". En Coin World (coinworld.com). 8 de outubro.

Outros artigos

Krause Publications

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en Buffalo, Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Coleccionistas Categoría:Editores Categoría:Finados por cancro Categoría:Personalidades sen imaxes