O acetato de amilo ou acetato de pentilo (amil acetato, pentil acetato) é un composto orgánico e un éster coa fórmula química CH3COO[CH2]4CH3 e un peso molecular de 130,19g/mol. É incoloro e ten un cheiro similar ás bananas e ás mazás. Máis detalladamente, o seu aroma descríbese como etéreo, a froita, a banana, pera ou mazá. O composto é un produto de condensación do ácido acético e o 1-pentanol. Porén, os ésteres formados a partir doutos isómeros do pentanol (alcohois amílicos), ou mesturas de pentanois, adoitan denominarse acetato de amilo. Os síntomas da exposición ao acetato de amilo en humanos son a dermatite, a depresión do sistema nervioso central, narcose e irritación dos ollos e nariz.
Usos O acetato de amilo é un solvente para pinturas, lacas e bendaxes líquidas; e un aromatizante. Tamén é un combustible para a lámpada de Hefner (usada en fotometría) e as producións fermentativas de penicilinas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Acetato de isoamilo, tamén coñecido como aceite de banana. Ésteres, moléculas orgánicas cos mesmos grupos funcionais
Categoría:Ésteres