Leroy C. Van Allen, nado en Seattle, Washington, o 8 de marzo de 1934, é un comerciante e autor numismático estadounidense.

Traxectoria

Leroy C. Van Allen, nado en 1934 en Seattle, estado de Washington, cursou estudos superiores de Enxeñaría Eléctrica na Universidade de California Berkeley. Posteriormente desenvolveu o seu labor profesional como enxeñeiro entre os anos 1956 e 1980.Smith, P. (2025).

A figura de Van Allen é relevante pola súa dedicación á numismática, especializándose no estudo das moedas dun dólar de prata, sinaladamente o dólar Morgan e o dólar Peace, así como dos erros numismáticos, aspectos sobre os que centrou as súas publicacións e nos que é considerado unha autoridade.

En 1973, foi consultor da Administración de Servizos Xerais dos EEUU para a venda de dólares de Morgan da ceca de Carson City e, xunto con A. George Mallis, examinou as existencias de dólares de prata da US Mint na procura de variedades."ANA honors Neil Shafer, Leroy Van Allen with Lifetime Achievement Awards". American Numismatic Association (money.org).

Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, foi presidente da Sociedade Numismática de Maryland entre 1974 e 1975, e de Numismatic Error Collectors of America (NECA) en 1980, e secretario de Numismatic Error Collectors of America (NSDR) desde 1983 ata 1992.

En 1992 recibiu o premio á traxectoria de NSDR, e en 2007 foi merecedor do mesmo premio outorgado pola American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (money.org).

Ademais da súa actividade como estudoso, Van Allen foi tamén comerciante numismático en Sydney, Ohio, a partir de 1980.

Vida persoal Van Allen casou en 1957 con Margaret Ruth Cronshaw, con quen tivo tres fillos. Logo de se divorciar en 1986 da súa primeira muller, casou en segundas nupcias ese mesmo ano con Marilyn Tiernan.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Van Allen ao longo da súa traxectoria:

(1965). Morgan and Peace Dollar Varieties. (1971). Guide to Morgan and Peace Dollars (con G. Mallis). (1976). Comprehensive Catalogue and Encyclopedia of U. S. Morgan and Peace Silver Dollars (con G. Mallis). Arco Pub. Nova York. Premiado como "libro do ano" polo Numismatic Literary Guild (NLG) en 1977. (2024). Wonders of Morgan Dollars. Rare Coin Investments. ISBN 9798990297074 (2024). 1878 S Morgan Dollar Attribution Guide (con M. S. Fey). Rare Coin Investments. ISBN 9798990297050 (2024). 1878 Morgan Dollar 8 & 7 Over * Tail Feather Story. Rare Coin Investments. ISBN 9798990297067 (2026). 1921 P "Infrequently Reeded" Or Wide Reeding Morgan Dollar Attribution Guide. Rare Coin Investments. ISBN 9798991964845 (2026). Overdates & Over Mint Marks of Morgan Dollars Attribution Guide. Rare Coin Investments. ISBN 9798991964869 (2026). Misplaced Date Digits Morgan Dollar Attribution Guide (con B. Van Note e M. S. Fey). Rare Coin Investments. ISBN 9798991964852

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2025). "Van Allen, Leroy Catlin". En American Numismatic Biographies. Páxina 430.

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Personalidades sen imaxes