O Club de Rugby Arquitectura Técnica, popularmente chamado polo seu acrónimo CRAT e por motivos de patrocinio CRAT Rialta, é o equipo feminino de rugby do club do mesmo nome con sede na cidade da Coruña. Se ben o CRAT foi fundado en 1976, o equipo feminino non se creou ata 1991. Xoga os seus partidos como local no Estadio Universitario de Elviña. Na tempada 2026-27 xoga na División de Honra, a máxima categoría do rugby feminino español.

O CRAT foi un dos equipos fundadores da División de Honra e é o único, xunto co CR Majadahonda, que participou en todas as edicións da competición dende que esta se creara en 2010. Antes da creación da División de Honra participara na Copa da Raíña, que no momento era a máxima categoría do rugby feminino español. O equipo gañou a División de Honra dúas veces nas tempadas 2014-15 e 2018-19, e conseguiu cinco subcampeionatos, ademais foi dúas veces subcampión da Copa da Raíña e unha vez da Copa Ibérica. A nivel galego, o CRAT gañou sete veces a Liga Galega de Rugby.

O club conta cun segundo equipo sénior feminino que compite na Liga Galega de Rugby, competición que gañou en tres ocasións.

Historia Fundación e primeiros anos (1991-1997) O Club de Rugby Arquitectura Técnica comezou a súa actividade en categoría feminina en 1991. Nos seus inicios Evaristo Martínez e Humberto Ramírez, ambos xogadores do equipo masculino, exerceron de adestradores do equipo e axudaron a dar forma ao proxecto. Para os primeiros adestramentos o equipo empregou a praia de Riazor e os campos da Cidade Deportiva Municipal da Torre ou en Elviña. O equipo debutou na recentemente creada Liga Galega de Rugby Feminino o 16 de febreiro de 1991 fronte o CDU no campo de rugby universitario de Santiago de Compostela, nun partido no que o mal estado do terreo de xogo non permitiu que os equipos amosaran o seu mellor xogo e que finalizou con empate a cero no marcador, no que foi o primeiro partido de rugby en competición oficial na categoría feminina disputado en Galicia. Á conclusión desta tempada inaugural o CRAT finalizou terceiro da táboa clasificatoria por detrás do INEF e o propio CDU, e tan só por diante do Zalaeta.Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1990-91, páxina III-106

As seguintes tempadas seguiron a ser discretas en canto aos resultados do equipo, que finalizou na terceira e última posición na tempada 1991-92, nun ano no que o INEF volveu dominar a liga galga seguido polo CDU compostelán.Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1991-92, páxina II-119 Na súa terceira tempada de existencia, as xogadoras coruñesas repetiron posición na táboa e finalizaron de novo na terceira posición, de novo por detrás do INEF, que conseguiu o seu terceiro título consecutivo, e o CDU, e por diante do Fendetestas das Pontes.Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1992-93, páxina II-107 A ausencia do INEF na tempada 1993-94 fixo que a liga galega tivera un novo equipo campión logo de tres edicións, o CDU, e o CRAT conseguiu o subcampionato nunha tempada na que só tres equipos saíron competir na categoría feminina.Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1993-94, páxina II-107

En 1995, na súa quinta tempada de existencia, chegou o primeiro título en catgoría feminina ás vitrinas do club logo de que o CRAT se proclamara campión do Campionato Rexional Feminino superando ao Xabarín, CDU e Fendetestas.Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1994-95, páxina II-115 Con todo, o club coruñés quedou lonxe de revalidar o título e finalizou a tempada 1995-96 na terceira posición,Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1995-96, páxina II-115 e no curso seguinte o CRAT finalizou na 4ª e última posicón.Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1996-97, páxina II-112

A partir da tempada 1997-98 as xogadoras do CRAT pasaron a competir baixo a denominación de Universidade da Coruña,Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 1997-98, páxina II-119 denominación que mantiveron ata a tempada 2009-10. O equipo universitario continuou a competir durante ese período na Liga Galega e, case todos os anos, na Copa da Raíña, na que participaban os equipos campións de cada comunidade autónoma.

Recuperación do rugby feminino do CRAT Na tempada 2009-10 o CRAT recuperou o seu equipo feminino e proclamouse campión da Liga Galega, conseguindo así a clasificación para a Copa da Raíña-Liga Nacional.Anuario da Federación Galega de Rugby para a tempada 2009-10, páxina II-8- O equipo dirixido por Alfredo López non comezou ben a liguiña de clasificación, xa que caeu fronte o Gaztedi (22-19) no Estadio Universitario de Elviña na xornada inaugural, unha derrota que obrigaba ás coruñesas a gañar os dous partidos que lle quedaban por disputar fronte o gran favorito, o INEF Barcelona, e o Majadahonda, para conseguir a segunda praza do seu grupo e última que lles permitiría disputar as semifinais.

Creación da División de Honra miniatura|dereita|Partido entre o CRAT e o Gaztedi na tempada inaugural da División de Honra. Na tempada 2010-11 creouse a División de Honra Feminina de Rugby e o CRAT, que a tempada anterior xogara na máxima categoría do rugby feminino español, foi un dos sete equipos participantes. A competición xogouse a unha única volta cunha única fin de semana de competición ao mesAnuario Memoria 2009-2010 da Federación Española de Rugby, páxina III-27 Para afrontar esta tempada histórica o equipo mantivo ás súas catro internacionais coa selección española e reforzouse coa fichaxe da antiga pilier do Lalín Rocío García, cubrindo un dos puntos máis febles do CRAT na tempada precedente. O equipo coruñés, dirixido por Alfredo López e Rogelio Sabio debutou o 24 de outubro fronte o Getxo, un dos equipos favoritos ao título, na Cidade Deportiva de Fadura (Getxo) cunha vitoria por 12-44. O CRAT mantívose na loita polo título ata a terceira xornada, cando chegou a primeira e última derrota da tempada do equipo coruñés fronte o INEF Barcelona por 24-0 en Feixa Llarga nun partido que, a pesar do marcador, foi moi igualado. Ao final da tempada as coruñesas conseguiron o subcampionato por detrás do INEF Barcelona cun rexistro de cinco vitorias e unha derrota para un total de 24 puntos (seis menos que as catalás) con 180 tantos a favor e 95 en contra (+85).

O CRAT conseguiu un novo subcampionato na liga de División de Honra por detrás unha vez máis do INEF Barcelona na tempada 2011-12. O equipo coruñés, con xogadoras internacionais coa selección española como Rocío García, Marta Calviño e Mónica Castelo, integrantes do equipo de rugby XV, e Paula Medín e Vanesa Ria, que competiron no seven proclamáronse tamén campioas da Copa Xunta e, unha vez máis, da Liga Galega. Unha vez máis, o equipo galego volveu perder un único partido fronte o INEF Barcelona por 20-25 en Elviña. O CRAT acabou a liga cun rexistro de seis vitorias e unha derrota, conseguindo 31 puntos, tan só un menos que as campioas. O equipo herculino foi o máximo anotador con 204 tantos a favor, recibindo 84 en contra.

Como preparación para a terceira tempada da División de Honra, o CRAT disputou no outono de 2012 a Liga Galega. O cadro coruñés, coa presenza das internacionais Rocío García, Vanesa Rial, Berta García e Paula Medín, volveu ser moi superior a todos os seus rivais da competición autonómica e acabou levándose o título de liga logo de impoñerse ao Campus Ourense en Acea de Ama (Culleredo) por un contundente 75-0. En xaneiro o equipo coruñés comezou unha nova tempada da División de Honra, na que se estreou con vitoria a domicilio fronte o Bizkarians por 12-46, aínda que as derrotas sufridas fronte ao Olímpico Rugby Club (27-12) e Club Esportiu INEF Barcelona (22-12) acabaron por relegar o CRAT á terceira posición da liga.

Na tempada 2013-14 o CRAT gañou a Liga Galega, na que competiu a primeira metade da tempada, logo de impoñerse ao Vigo Rugby Club por 79-0. O equipo coruñés, dirixido por Rogelio Sabio, non tivo rival na competición galega e impúxose en todos os partidos que disputou, conseguindo un rexistro de 498 puntos a favor e ningún en contra. Na liga regular da máxima categoría do rugby feminino español as xogadoras do CRAT venceron a todas as súas rivais para liderar a táboa con sete vitorias e un rexistro de 231 puntos a favor por tan só 39 en contra e unha diferenza de +192. Nas semifinais o CRAT superou por 28-10 o GEiEG, cuarto clasificado da liga regular, nun partido disputado en Elviña e controlado en todo momento polas coruñesas. Na final, disputada no Complejo Deportivo de Puente Castro (León chegou a primeira derrota do equipo na tempada fronte o Pozuelo por un axustado 17-21, nunha final na que o equipo madrileño dominou claramente a primeira parte (0-21) grazas ao dominio no xogo de dianteira e que o cadro herculino estivo a piques de dar a volta cunha remontada na segunda parte.

Primeiro campionato de liga miniatura|esquerda|A cambresa Paula Medín, internacional coa selección española, participou na consecución do primeiro título de liga de División de Honra do CRAT en 2015. Na tempada 2014-15 chegou o primeiro grande éxito do equipo ao conquistar o seu primeiro título da liga de División de Honra na final disputada no Estadio de Las Mestas, en Xixón, fronte ao Getxo Artea, ao que derrotou por 39-5 nunha final de claro dominio coruñés, que conseguiu sete ensaios. A liga, con todo, non comezou ben para o equipo herculino, que se viu superado polo Getxo Artea no campo de Fadura da localidade vasca, caendo por 20-5. Logo desta derrota o equipo non volveu perder ningún partido na tempada, o que o levou a finalizar a liga regular na primeira posicón da táboa por segunda tempada consecutiva logo de impoñerse con claridade ao GEiEG (42-8) na derradeira xornada, conseguindo un rexistro de seis vitorias, e unha derrota en sete encontros para 29 puntos (5 deles de bonus), dous máis que o segundo clasificado, o Olímpico de Pozuelo.

A primeira posición do equipo na liga regular deixou os emparellamentos de semifinais co CRAT e o GEiEG por unha banda, e o Olímpico Pozuelo fronte o Getxo pola outra.

Na tempada 2016-17 as coruñesas volveron aos play-offs e ás finais logo de finalizar a liga regular na segunda posición po detrás do Olímpico Pozuelo cun rexistro de catro vitorias, un empate e dúas derrotas, fronte o Majadahonda e o Olímpico Pozuelo. A final disputouse o 7 de maio de 2017 no campo de San Amaro da cidade de Burgos.

Segundo campionato Na tempada 2018-19 a ex xogadora do CRAT Elena Roca converteuse na adestradora do equipo substituíndo a Jos Portos. A División de Honra mudou o seu formato para esa tempada, incluíndo un play-off no que participan os catro primeiros clasificados da liga regular. O segundo título de liga do CRAT chegou en 2019, cando o equipo dirixido por Elena Roca derrotou o Club Esportiu INEF Barcelona na final disputada no Campo de Las Terrazas de Alcobendas por 31-15.

O campionato de liga conquistado na tempada 2018-19 permitiulle ao CRAT disputar a Copa Ibérica fronte o campión da liga portuguesa, o Sporting de Lisboa, que defendía o título conquistado na tempada precedente. O equipo portugués acabou impoñéndose na final, disputada no Estadio Universitario de Elviña o 10 de novembro de 2019, por un axustado 12-16 nun partido moi físico e marcado polo clima adverso.