O Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) é un partido político galego.
Historia O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e máis en Cataluña polo Partit dels Comunistes de Catalunya, en contra do eurocomunismo imperante na dirección do PCE e do PCG. Este proceso levou á fundación do Partido Comunista (PC), antecesor do que logo foi o PCPE.
Posteriormente rexistrouse en 1993 como Partido Comunista do Pobo GalegoRexistro de partidos políticos , busca polo termo "pobo". Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas eleccións ao Senado en 2008, onde presentaron candidatura pola provincia de Ourense, e onde obtiveron 4.243, 3.428 e 3.413 votos os seus tres candidatos. En 2008historiaelectoral.com rompeu co PCPE, deixando de ser o seu referente en Galiza.
En 2011 e 2012 o PCPG participou no Foro pola Unidade Comunista Galega, un intento de unificar o comunismo galego, tanto de procedencia histórica estatal como o de tradición independentista. Esa proposta foi nesa altura coa organización de tendencia maoísta Ateneu Proletário Galego e coa organización leninista clásica ForxaGC (2011). Procuran a unión do comunismo independentista. Galicia Confidencial.. A iniciativa non prosperou e o PCPG seguiu no seu camiño que definen das tres unidades: Unidade Popular e fronte de esquerdas, Unidade dos Traballadores e Unidade dos Comunistas. No ano 2014 ahegouse ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e nas eleccións europeas dese ano o partido pediu o voto para a coalición Os Pobos Deciden, integrada polo propio BNG e os vascos Euskal Herria BilduXosé Collazo, do PCPG: “O pobo galego ten que ter unha forza que o represente en Europa e esa forza é o BNG” . Sermos Galiza.. Nas eleccións locais de 2015 o PCPG volveu pedir o voto para o BNG - Asembleas Abertas e participou nalgunhas das súas candidaturas locaisO PCPG SOBRE AS PRÓXIMAS ELEICIÓNS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO. PCPG. Nas xerais do mesmo ano o partido formou parte da coalición Nós-Candidatura Galega, co BNG, o Partido Galeguista e outros pequenas organizacións. O representanter do PCPG, Xosé Collazo, foi candidato ao Senado de España pola Provincia de Pontevedra, candidatura que obtivo 31.375 votos (2,08% do total). A nivel local o partido tamén ten apoiado á candidatura Alternativa Canguesa de Esquerdas.
Ideoloxía miniatura|dereita|100px|O martelo e a fouce. Símbolos representativos do Comunismo É unha organización Comunista e marxista-leninista partidaria da autodeterminación de Galicia.
Eleccións Elección Votos % Deputados Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 989 0,07 0 Eleccións xerais de España de 2008 (Congreso) 507 0,11 0
Eleccións ao senado Ano Votos Porcentaxe Escollido/a? 2008 (María Hortensia Núñez Insua, en Ourense) 2.768 0,83 No 2008 (Emilio José López Blanco, en Ourense) 2,877 0,86 No 2008 (Begoña Ares Piñeiro, en Ourense) 3.467 1,04 No 2008 (Consuelo Ares Piñeiro, en Lugo) 272 0,08 No 2015 (Xosé Collazo Castro, en Pontevedra) 31.375 2,08 No
Notas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog da formación
Categoría:Partidos políticos de Galicia