Epomops franqueti é unha especie de megaquiróptero africano da familia Pteropodidae, e é unha das tres especies de morcegos con ombreiras. Os seus hábitats varían desde bosques subsaharianos aos trópicos ecuatoriais.

Área de distribución e hábitat A súa área de distribución comprende desde Costa do Marfil a Sudán do Sur e ao sur de Angola e Zambia. Concetamente encóntrase en Angola, Benin, Camerún, a República Centroafricana, a República do Congo, a República Democrática do Congo, Costa do Marfil, Ghana, Nixeria, Ruanda, Sudán do Sur, Tanzania, Togo, Uganda e posiblemente Zambia. Os informes da presenza desta especie en Guinea Ecuatorial parecen ser errados.

O seu hábitat natural son áreas de bosque subtropicais ou tropicais secas, bosques de terras baixas húmidas e os mangleirais, pantanos subtropicais ou tropicais e a sabana seca.

Descrición miniatura|esauerda|Macho. A especie describiuna en primeiro lugar Robert F. Tomes en 1860 e clasificouna como Epomophorus francqueti a partir dun espécime da Colección Nacional Francesa que lle enviou un tal Dr. Franquet da Mariña Imperial Francesa (polo cal se denominou a especie, franqueti). A localización do hábitat menciónase como "Gaboon". A localidade tipo considérase Gabón e non se recoñeceron subespecies. Simmons, N.B. (2005). "Order Chiroptera". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M (eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. p. 324. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.

É un morcego marrón sen rabo con grandes ombreiras brancas, é de cor branca no medio da barriga e con manchas nas orellas brancas. Cansultado a través de Google Books, previsualización limitada. Orixinal da Universidade de Oxford, dixitalizado o 10 de maio de 2006. Ten unha lonxitude da cabeza e corpo de 165 a 180 mm, e a lonxitude do antebrazo é de 74 a 102 mm. O peso corporal dunha femia vai de 56 a 115 g, mentres que o do macho oscila entre 59 a 160 g. Os machos teñen dous sacos farínxeos e bolsas nos ombreiros tapizadas con membranas glandulares. O aspecto das ombreiras débese a que ten petadas de pelos brancos, que son prominentes en espécimes de laboratorio secos, pero poden estar ocultos debido á contracción das bolsas dos ombreiros no caso de morcegos vivos. As ombreiras axudan a deixar pistas olfactivas ao dispersaren compostos químicos producidos nos parches glandulares dos ombreiros.

Comportamento O macho adulto ten unha caixa vocal ósea e emite unha chamada moi aguda que se oe de noite. Esta chamada pode durar varios minutos e soa como un "kyurnk" a curta distancia e como un asubío musical desde lonxe. Igual que outros morcegos fruxívoros, non pode ecolocalizar.

Os machos pendúranse frecuentemente pola noite en árbores favoritas xeralmente separados uns 100 metros e fan as súas chamadas ruidosamente, e mostan as ombreiras prominentemente cando fan as chamadas. Os machos incrementan a súa frecuencia de chamadas en presenza das femias; un macho foi rexistrado emitindo 10.000 chamadas nun período de tres horas nunha tarde. As chamadas dos machos poden sentirse a 1,6 km de distancia e foron comparadas cunha "bandada de corvos excitados".

Viven en bosques e campo aberto, pousándose nas árbores e arbustos polo día cando están bastante alerta, a miúdo a unha altura de 4 a 6 m. Como non son gregarios, encóntanse sós ou en grupos de dous ou tres.

Esta especie, igual que outros morcegos fruxívoros con ombreiras, aliméntase principalmente pola noite de froitas, néctar e pétalos de certas flores, facendo moito ruído cando se alimentan. A succión, e non a mastigación, parece ser o modo primario de consumo de alimentos dos morcegos Epomops.

Os seus beizos extensibles fan protrusión e rodean a froita. A casca dura da froita é entón perforada cos caninos e premolares. As mandíbulas esmagan a froita mentes que a lingua preme a froita cara adiante sobre as cristas duras do padal; succionan o zume pola pequena abertura da parte posterior da boca que comunica cunha gran farinxe.

Ás veces, estes morcegos enchen as súas bolsas das meixelas e marchan voando a pousadeiros seguros para comeren e moven o contido dunha bolsa da meixela á outra, mastigando cos dentes grandes e agudos e tragando os zumes. Unha vez que extraeron o zume, cospen a masa fibrosa formando con ela unha masa, e poden verse grandes masas desa substancia baixo as árbores onde se alimentan os morcegos.

Reprodución En Uganda, estes morcegos teñen dúas estacións reprodutoras ao ano, sincronizadas para que os partos coincidan coa chegada das dúas estacións chuviosas típicas desa rexión. O período de xestación dura cinco ou seis meses. Na primeira estación reprodutora a implantación ten lugar en abril e o parto en setembro, mentres que na segunda estación reprodutora a implantación ocorre a finais de setembro e o parto a final de febreiro. Ao naceren as crías pesan 20 g. Estudos feitos nos dous Congos e en Costa do Marfil indican tamén padróns similares de reprodución nestas rexións.

Vector de doenzas É unha das tres especies de morcegos da froita africanos, todos os cales forman parte da dieta humana en Gabón e o Congo, aos que se lle atopou anticorpos contra o Ebolavirus no seu soro sanguíneo. O ARN viral foi tamén illado neles polo menos nunha ocasión. Non se sabe se estas especies son hóspedes incidentais ou un reservorio da infección de Ebolavirus en humanos e outros mamíferos terrestres.

Conservación E. franqueti está amplamente distribuído, ten unha gran poboación e está presente en moitas áreas protexidas. Déuselle o status de "preocupación menor" pola IUCN. A especie é adaptable e non se pensa que sexan necesarias medidas de conservación directas actualmente.

Predación As aves carnívoras e as serpes probablemente depredan ese morcego. Tamén é vítima do comercio de caza para alimento humano.

Notas

Categoría:Quirópteros Categoría:Animais descritos en 1860