miniatura|O sistema tradicional de cómputo do tempo malgaxe dependía dos ciclos lunares O calendario malgaxe comprende un conxunto de sistemas tradicionais de cómputo do tempo característicos de Madagascar. Pola inexistencia dun único calendario común para todo o territorio insular, as disparidades rexionais e dos grupos culturais eran de gran relevancia. No corpus de sistemas documentados destacan, pola súa singularidade, os calendarios asociados ás tradicións merina e antemoro, canda as diferentes denominacións dos meses empregadas polos betsimisaraka, betsileo, sakalava, sihanaka, tanala e outros grupos .
Estes sistemas tradicionais evidencian influencias de diversa procedencia. Así, mentres que algúns nomes dos meses gardan relación con étimos de orixe sánscrita, outro conxunto de denominacións, particularmente ben documentado na tradición merina, procede da adaptación árabe dos signos do zodíaco. Da mesma orixe árabe proceden tamén as designacións dos días da semana <ref name="Campbell"/>. Malia estar amplamente documentada a súa natureza lunar, resulta inviable reconstruír un modelo de calendario unificado e extensible a toda a xeografía malgaxe. Tampouco se pode afirmar que a totalidade dos sistemas tradicionais conformase un modelo lunisolar homoxéneo con regras fixas de intercalación. As diferenzas rexionais inciden tanto na secuencia dos meses como na súa correlación co ano solar .
Historia e diversidade A diversidade dos calendarios tradicionais malgaxes está relacionada coa historia cultural da illa e cos contactos que se mantiveron con diferentes áreas do océano Índico. As fontes lingüísticas e históricas permiten recoñecer, polo menos, dúas grandes series de denominacións dos meses: unha relacionada con formas sánscritas e outra formada a partir dos nomes árabes dos signos zodiacais . A tradición merina ofrece unha das documentacións históricas máis abundantes. Nela empregáronse doce nomes de meses de procedencia árabe, entre os que se atopan alahamady, adaoro, adizaoza, asorotany, alahasaty, asombola, adimizana, alakarabo, alakaosy, adijady, adalo e alohotsy . A serie non debe, porén, entenderse como unha secuencia universal para toda a illa. Mesmo un único nome pode designar períodos diferentes en rexións distintas . Robert Jaovelo-Dzao documentou esta diversidade ao comparar os sistemas sakalava, merina e antemoro que tamén amosou que non existe unha correspondencia estable entre cada mes malgaxe e un mes concreto do calendario gregoriano. Segundo os estudos máis recentes, o calendario sánscrito difundiríase a partir do século XIII, mentres que os sistemas zodiacais de orixe árabe se impoñerían de forma progresiva a partir do século XV, especialmente nas zonas de maior influencia musulmá e na monarquía merina
Alahamady e o ano novo miniatura|Baile tradicional nunha celebración moderna do alahamadibe (2014) Alahamady ocupa unha posición especialmente importante na tradición merina, era o primeiro mes do ano e estaba relacionado coa celebración do Fandroana, a festa tradicional do baño real . O calendario e as prácticas de adiviñación non constituían simplemente un sistema para numerar os días, senón que se integraban na organización ritual da sociedade e na concepción do destino dos gobernantes . A data da celebración do Fandroana cambiou ao longo do período monárquico, inicialmente estaba vinculada a unha lunación próxima ao equinoccio de outono austral, polo que podía caer entre febreiro e marzo. Durante o reinado de Ranavalona II pasou a celebrarse o 16 de alahamady e baixo Ranavalona III fixouse no 22 de novembro do calendario gregoriano, que coincidía co aniversario da raíña. Por iso, Alahamady non se identifica sen máis co mes de marzo, ao depender a súa posición do sistema de calendario e do período histórico.
A finais do século XX, e especialmente a partir da década de 1990, determinados movementos culturais malgaxes comezaron a reivindicar e reactivar a forma alahamadibe (ou Alahamady be) como denominación do ano novo tradicional. A data da celebración varía segundo as comunidades e non existe unha única regra contemporánea aceptada por todas elas , aínda que con frecuencia está asociada á primeira lúa nova próxima ao equinoccio de marzo.
Os días da semana Os nomes tradicionais malgaxes dos sete días da semana proceden do árabe: Galego malgaxe árabe domingo Alahady al-Aḥad luns Alatsinainy al-Ithnayn martes Talata ath-Thulāthāʾ mércores Alarobia al-Arbiʿāʾ xoves Alakamisy al-Khamīs venres Zoma al-Jumʿah sábado Asabotsy as-Sabt Os nomes malgaxes conservan, con diferentes adaptacións fonéticas, a numeración e o significado das denominacións árabes. Así, alahady procede de al-Aḥad, «primeiro»; alatsinainy, de al-Ithnayn, «segundo»; e Talata, de ath-Thulāthāʾ, «terceiro» <ref name="Cousins"></ref>. Os nomes mantivéronse en uso mesmo despois da expansión do calendario gregoriano, a diferenza do que pasou co dos meses, que perderon boa parte da súa utilización cotiá .
Fanandroana miniatura|Rectángulo perfecto (representa a casa tradicional malgaxe), sobre o que se distribúen os 12 signos da fanandroana e os puntos cardinais para fixar o vintana A fanandroana é o sistema tradicional malgaxe de astroloxía. A súa importancia histórica foi especialmente grande na sociedade merina . A relación entre calendario e fanandroana fai que as denominacións temporais teñan tamén un valor astrolóxico. Os días e os períodos do mes poden asociarse con diferentes formas de vintana, concepto que designa cada un dos 12 destinos posibles . Porén, calendario e fanandroana non son conceptos idénticos. O primeiro permite organizar o tempo; a segunda interpreta ese tempo dende un sistema tradicional de crenzas e prácticas adiviñatorias. En prácticas relacionadas coa fanandroana, o día tradicional non se considera que principie a medianoite, senón co por do Sol. A semana consta de sete días e a súa organización e o significado atribuído a cada día están relacionados coa fanandroana, e así determinados días considéranse favorables ou desfavorables para actividades concretas. O alakamisy, por exemplo, era propicio para os matrimonios, mentres que o zoma e asabotsy asociábanse con prácticas funerarias .
Notas
Categoría:Calendarios Categoría:Cultura de Madagascar