miniatura|Aythya fuligula miniatura|Parrulo cristado. O parrulo cristado,Forma preferida polo bUSCatermos, toma como referencias: "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo comunmente pato negrón, negrón de carapucha e coronete, (Aythya fuligula) é un anátido mergullador de pequeno tamaño.
Descrición Os machos adultos son negros, cos lados brancos e o peteiro de cor azul, cunha crista de plumas na cabeza que lle dá o nome á especie. Os ollos son amarelos brillantes.
As femias adultas son castañas cos lados máis pálidos, moi semellantes ás femias doutras especies próximas. Algunhas teñen unha marca branca ó redor do bico. miniatura|esquerda|Femia de parrulo cristado
Distribución e hábitat Cría en zonas temperadas e do norte de Eurasia. Aparece como visitante ocasional nas costas dos Estados Unidos e o Canadá. Ocuparon Centroeuropa no século XVIII procedentes do oeste e do norte. A expansión que está a sufrir a súa area de distribución atribúese ao aumento das poboacións de mexillóns de auga doce e á aparición de superficies acuáticas novas como consecuencia da extracción de áridos. Os máis dos exemplares son migratorios e pasan os invernos nas zonas máis mornas do oeste e sur de Europa e sur de Asia. Nalgunhas zonas, coma nas illas británicas, as costas do mar do Norte, Alemaña, Francia, Polonia e o Benelux son sedentarios. No inverno forman grandes bandadas en augas abertas.
Vive a carón de lagos e pantanos, pero atópase tamén en ríos, lagoas costeiras, na beira do mar e en estanques urbanos.
Reprodución Cría en áreas con moita vexetación preto de lagos e pantanos. Fai o niño no chan, agochado entre as plantas. A época reprodutora vai de xuño a xullo e crían os polos ata agosto.
Alimentación O 60% da súa dieta componse de mexillóns e caracois, un 30% de artrópodos e outros animais pequenos, e o resto de vexetais. Cando busca comida pode mergullarse ata os dous metros de profundidade. En xeral, os pitos son alimentados exclusivamente de insectos.
Status En Europa crían entre 250.000 e 300.000 parellas. En Rusia entre 400.000 e 500.000.
Ave de adorno O parrulo cristado, que é unha especie de parrulo atractiva, áxil e fácil de coidar, é unha ave decorativa en parques desde hai moito tempo. No século XVII estaba presentes nos xardíns de Versalles e Londres. En 1848 no zoo londiniense criáronse os primeiros polos nados en catividade.
Nome común noutras linguas Alemán:Reiherente Búlgaro: Kachulata potapnitsa (Качулата потапница) Checo:Polák chocholačka Danés:Troldand Inglés: Tufted Duck Español: Porrón moñudo Estoniano: Tuttvart Finés Tukkasotka Francés: Fuligule morillon Húngaro:Kontyos réce Islandés: Skúfönd Italiano: Neerlandés: Kuifeend Noruegués: Toppand Sueco: Vigg
Notas
Véxase tamén
Bibliografía T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-85223-650-7 Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1
Categoría:Anátidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia