Jesús López Varela, nado en Forcarei o 20 de decembro de 1923 e finado no mesmo concello o 19 de maio de 2025, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Indalecio López Balseiros, industrial do Cachafeiro. Veuse implicado na caída do PCE en setembro de 1948, sendo detido e trasladado ao cuartel da Garda Civil de Lalín xunto cos seus irmáns Fermín e Josefina López Varela. Foi acusado de ser secretario de organización do comité comunista do Cachafeiro. Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de actividades subversivas na causa separada da 259/48 o 29 de marzo de 1949 xunto con Manuel Morgade Rey, foi condenado a un ano e seis meses de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade condicional en outubro de 1949.BOE, 21-11-1949, p. 4876. Posteriormente exiliouse en Venezuela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Forcarei (1936-1977)

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Forcarei

Categoría:Nados en 1923

Categoría:Finados en 2025