Manuel Vales Fernández, nado en Betanzos o 1 de xuño de 1905 e finado en Curtis o 15 de agosto de 1936, foi un camareiro e político galego.

Traxectoria Emigrante retornado de Cuba. Camareiro e vendedor e correspondente de prensa obreira e anarquista. Estaba afiliado ao Sindicato de Profesións Varias de Betanzos da CNT. No desenvolvemento da folga xeral de maio de 1933, prendérono con outros compañeiros e pasou varios días na cadea. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado na Naveira, Teixeiro, o 15 de agosto con José Rilo Garabal.

Vida persoal

Casou con Esperanza Seoane García e foi pai de Manuel Vales Seoane.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Galegos de Cuba

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936