Q-Max ou Qatar-Max é un tipo de buque transportador de GNL, dedicado ao transporte de gas natural licuado (GNL). É unha clase de buques metaneiros de tipo membrana deseñada para o transporte de GNL desde Qatar. O nome procede de Q, por Qatar, e Max, en referencia ao tamaño máximo de buque que se concibiu para operar nas terminais de GNL do país.

Os Q-Max poden transportar até uns 266.000 m³ de GNL, fronte aos aproximadamente 135.000–152.000 m³ dos metaneiros convencionais empregados pola frota de QatarEnergy.

Construíronse catorce unidades desta clase, propiedade da compañía Qatar Gas Transport Company (Nakilat).Nakilat Annual Report 2010, Nakilat, 2010. Até a entrada en servizo da nova clase QC-Max, de 271.000 m³, os Q-Max son os metaneiros de maior capacidade en operación.World LNG Report 2025, International Gas Union, 2025, p. 66.

Características Un Q-Max ten aproximadamente 345 m de eslora (1.132 pés), 53,8 m de manga, 34,7 m de altura e un calado duns 12 m.«Nakilat's robust growth in the maritime industry» , Voyages, Qatar Gas Transport Company (Nakilat), nº 16, 2017, pp. 4–5. A capacidade das diferentes unidades sitúase aproximadamente entre os 263.000 e os 266.000 m³ de GNL.Our World-Class Fleet , Nakilat, novembro de 2020.

A propulsión orixinal está formada por dous motores diésel MAN B&W 7S70ME-C de dous tempos e baixa velocidade, controlados electronicamente. Cada motor ten unha potencia nominal de 21.770 kW a 91 revolucións por minuto.«MAN B&W to Power LNG Carriers», MarineLink, 20 de abril de 2006. Consultado o 23 de agosto de 2026. Este tipo de propulsión presenta unha maior eficiencia térmica ca as turbinas de vapor tradicionalis, e liberan menos dióxido de carbono en comparación co transporte convencional de GNL.Skjoldager, Peter: «Propulsion of LNG Carriers by MAN B&W Two-Stroke Diesel Engines», Journal of the Japan Institute of Marine Engineering, vol. 40, nº 3, 2005, pp. 328–333.

Os Q-Max incorporaron un sistema de relicuefacción a bordo que permite unha redución das perdas de GN, producindo beneficios económicos e ambientais. Unha parte do GNL evapórase de maneira continua debido á entrada de calor nos tanques, producindo o chamado boil-off gas (BOG). O sistema recolle este gas, volve licualo e devólveo aos tanques, reducindo así a perda de carga durante a navegación.Anderson, Thomas N.; Ehrhardt, Mark E.; Foglesong, Robert E.; Bolton, Tom; Jones, David; Richardson, Andy: «Shipboard Reliquefaction for Large LNG Carriers», Proceedings of the 1st Annual Gas Processing Symposium, Elsevier, 2009, pp. 317–324.

O maior tamaño dos Q-Max permite obter economías de escala no transporte. Segundo a Lloyd's Register Foundation, estes buques poden transportar arredor dun 80 % máis de carga ca os metaneiros convencionais da xeración precedente e requiren aproximadamente un 40 % menos de enerxía por unidade de carga transportada.«Mozah: The world's largest LNG carrier», Lloyd's Register Foundation. Consultado o 23 de agosto de 2026.

Historia A primeira unidade da clase foi o Mozah, construído por Samsung Heavy Industries na illa de Geoje, Corea do Sur. O buque foi bautizado o 11 de xullo de 2008 e tiña unha capacidade de 266.000 m³, aproximadamente un 80 % superior á dos metaneiros convencionais da época.«World’s largest LNG vessel named at Korean shipyard», Professional Mariner, 11 de xullo de 2008; comunicado de Lloyd's Register. Consultado o 23 de agosto de 2026.

A frota Q-Max foi construída en estaleiros surcoreanos de Samsung e Daewoo Shipbuilding & Marine Engineering. As catorce unidades entraron en servizo entre 2008 e 2010; a última delas, o Rasheeda, foi entregada en agosto de 2010.Nakilat Annual Report 2010 , Nakilat, 2010.

As catorce unidades son Mozah, Al Mayeda, Mekaines, Al Mafyar, Umm Slal, Bu Samra, Al Ghuwairiya, Lijmiliya, Al Samriya, Al Dafna, Shagra, Zarga, Aamira e Rasheeda.Our World-Class Fleet , Nakilat, novembro de 2020.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía HAYLER, William B., American Merchant Seaman's Manual, Cornell Maritime Press, 2003 ESPARTEIRO, António M., Dicionário Ilustrado de Marinha (reimpressão), Lisboa: Clássica Editora, 2001 FONSECA, Maurílio M., Arte Naval (5ª edição), Rio de Janeiro: Serviço de Documentação Geral da Marinha, 1989

Outros artigos Gas natural licuado Buque metaneiro Q-Flex

Categoría:Barcos Categoría:Economía de Qatar Categoría:Enerxía