Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 2.539 habitantes (1.232 homes e 1.307 mulleres), o que supón unha diminución en 26 habitantes en relación co ano anterior.

Demografía

Censo total 2.539 habitantes (2018) Menores de 15 anos 152 (6 %) Entre 15 e 64 anos 1.201 (47.30 %) Maiores de 65 anos 1.186 (46.71 %)

Historia A presenza romana no concello evidénciase no lugar das Augas Santas, cuxas augas termais foron empregadas dende aquela época. Un dos fitos máis significativos da historia de Pantón foi a implantación da vida monástica ó longo das marxes dos ríos Miño e Sil.

Patrimonio histórico e artístico

O concello de Pantón ten un gran número de monumentos, de diferentes épocas. Tanto castrexos, restos romanos e sendo o patrimonio máis salientable, o seu gran número de monumentos de arquitectura románica. A igrexa de San Miguel de Eiré, antiga igrexa monástica con abondosa decoración escultórica.É unha das mostras máis salientables da arquitectura románica en Galicia. Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón. Mosteiro de Santo Estevo de Atán. Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro. A igrexa de San Fiz de Cangas. O Convento da Purificación da Sagrada Virxe María de Pantón. A cova-templo do Cotillón A torre de Marce é unha fortificación medieval do século IX situada no lugar de Marce. A torre do Reloxo foi construída no ano 1950 no lugar de Marce pola Asociación de veciños de Marce en Bos Aires. É unha torre con reloxo de campá. A Torre de Quitapesares, desaparecida edificación do século XV por parte do Duque de Arjona.

Restos castrexos: O castro de Marce, chamado tamén castelo de Marce, sitúase nunha elevada montaña a 1 km da aldea de Marce, no alto do río Miño. O castro de Amboade, situado na parroquia de Vilar de Ortelle. O castro de Vilar de Ortelle, situado na parroquia de Vilar de Ortelle. O castro de Amedo, situado na parroquia de Tuiriz. O castro de San Cibrao, situado na parroquia de Tuiriz. O castro de Guende, situado na parroquia de Cangas. O castro de Aúde, situado na parroquia de San Fiz de Cangas. O castro de Ferreira, situado na parroquia de Ferreira de Pantón. O castro de Guítara, situado na parroquia de Eiré. O castro de Santa Mariña, situado na parroquia de Eiré. O castro de Bornogueiras, situado na parroquia de Pantón. O castro de Vilaxilde, situado na parroquia de Espasantes. O castro da Xesteira, situado na parroquia de San Vicente de Castillón. O castro de Toldaos, situado na parroquia de Toldaos. O castro de Bazal, situado na parroquia de Pombeiro. O castro de Vilamirón, situado na parroquia de Pombeiro. O Castriño, no lugar de Vilamirón situado na parroquia de Pombeiro. Restos da cultura megalítica: Mámoa dos Cancelos, situada na parroquia de Vilar de Ortelle. Mámoa de San Romao, denominada así por situarse moi próxima ó lugar de San Romao na parroquia de Vilar de Ortelle. Mámoa de Paderne, situado na parroquia de Moreda. Mámoa de Pombeiro, situada na parroquia de Pombeiro. Mámoas do Castro de Guítara, situado na parroquia de Eiré. Petróglifos: Petróglifo Monte San Román I, situado na parroquia de Acedre. Petróglifo Monte San Román II, situado na parroquia de Acedre. Petróglifo Monte San Román III, situado na parroquia de Acedre. Petróglifo Monte San Román IV, situado na parroquia de Acedre. Petróglifo Monte San Román V, situado na parroquia de Acedre. Petróglifo Monte San Román VI, situado na parroquia de Acedre. Petróglifo Exento de San Román, situado na parroquia de Acedre. Petróglifo exento de Pesqueiras, situado na parroquia de Atán. Petróglifo Torre do Castro I, situado na parroquia de Espasantes. Petróglifo Torre do Castro II, situado na parroquia de Espasantes. Petróglifo da Cancelada I, situado na parroquia de Espasantes. Petróglifo da Cancelada II, situado na parroquia de Espasantes. Petróglifo da Cancelada III, situado na parroquia de Espasantes. Pétroglifo Vilaxilde I, situado na parroquia de Espasantes. Pétroglifo Vilaxilde II, situado na parroquia de Espasantes. Petróglifo das Carrizas, situado na parroquia de Espasantes. Pétroglifo Pena da Virxe, situado na parroquia de Vilar de Ortelle. Pena da Cima da Costa, situado en Vilar de Ortelle. Petróglifo A Escrita, situado na parroquia de Toldaos

Festas locais Festival do Castro Santo Cristo, en San Fiz de Cangas. Lévase a cabo o primeiro domingo de xullo. Festividade da Virxe das Neves, celébrase no Regueiro en Pombeiro, o 5 de agosto. Festividade da Virxe dos Ollos Grandes, celébrase en Augas Santas en Pantón, o segundo domingo de setembro.

Deporte Hai un equipo de fútbol no concello, o Ferreira Club de Fútbol, que milita na Segunda Galicia e xoga os seus partidos no campo do Baliño.

Galería de imaxes

Lugares de Pantón Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pantón vexa: Lugares de Pantón.

Parroquias center|300px Noroeste: Chantada Norte: O Saviñao Nordeste: Monforte de Lemos Oeste: Carballedo 100px Leste: Monforte de Lemos e Sober Suroeste: Carballedo Sur: Nogueira de Ramuín Sueste: Sober

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Persoas nadas en Pantón

Categoría:Pantón