Os Parques nacionais do Lago Turkana son un grupo de tres parques nacionais situados arredor do lago Turkana en Kenya. Declaráronse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1997 e ampliouse en 2001. Entre as razóns da importancia do parque inclúense o seu uso como punto de parada para as aves migratorias, como zona de cría do crocodilo do Nilo, o hipopótamo e as serpes. Tamén contén fósiles nos depósitos de Koobi Fora, que son únicos no mundo.
Os Parques nacionais do Lago Turkana constan do Parque Nacional Sibiloi e dúas illas no lago Turkana (Illa Central e Illa Sur).
Galería
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Kenya
Ligazóns externas UNESCO Fact Sheet
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Kenya