O plasma fresco conxelado (PFC) é un produto sanguíneo constituído pola porción líquida do sangue total. Utilízase para tratar condicións nas que hai niveis baixos de factores de coagulación do sangue (INR > 1,5) ou doutras proteínas sanguíneas. Tamén se pode usar como líquido de substitución na plasmaférese. Therapeutic Apheresis in Clinical Practice-Evidence-Based Approach from the Writing Committee of the American Society for Apheresis: The Seventh Special Issue | journal = Journal of Clinical Apheresis | volume = 31 | issue = 3 | pages = 149–162 | date = xuño de 2016 | pmid = 27322218 | doi = 10.1002/jca.21470 }} Pode ser recomendable usar plasma compatible co grupo sanguíneo ABO do receptor, aínda que non sexa estritamente necesario. O seu uso para aumentar o volume sanguíneo en cirurxías non está recomendado. Adminístrase por inxección intravenosa lenta.

Efectos secundarios e mecanismos Os seus efectos secundarios inclúen as náuseas e o proído. Rararamente pode haber reaccións alérxicas, coágulos de sangue ou infeccións. Non está claro se o seu uso durante a gravidez ou a lactación materna é seguro para o meniño. Debería terse máis coidado en persoas con deficiencia de proteína S, deficiencia de IgA ou insuficiencia cardíaca. O plasma fresco conxelado está formado por unha complexa mestura de auga, proteínas, carbohidratos, graxas e vitaminas. Cando está conxelado, o plasma pode durar en boas condicións aproximadamente un ano.

Historia e cultura O plasma empezou a usarse en medicina durante a segunda guerra mundial. É unha das medicinas da Lista Modelo de Medicinas Esenciais da OMS. Tamén existen outras versións, como o plasma conxelado dentro das 24 horas posteriors á flebotomía, plasma exento de crioprecipitado, plasma desconxelado e plasma deterxente solvente.

Definición Unha definición usada nos Estados Unidos é a de porción fluída dunha unidade de sangue total que foi centrifugada, separada e conxelada a -18 °C ou menos nun período de oito horas despois da extracción dun doante de sangue total ou foi extraída doutro xeito por medio dun aparato de aférese. Outro plasma que comunmente se transfunde é o plasma conxelado dentro das 24 horas posteriores á flebotomía (PF24), que ten indicacións similares ás do PFC. O PF24 ten niveis lixeiramente menores dos factores V e VIII de coagulación que o PFC.

Usos médicos Hai poucas indicacións específicas para o PFC. Xeralmente limítanse ao tratamento de deficiencias das proteínas da coagulación para o cal non se dispón de concentrados de factores específicos para a súa administración ou non son apropiados. Unha dose habitual de plasma é 10–20 mL/kg de peso do receptor.

As principais indicacións para o uso de PFC son as seguintes: Substitución de deficiencias de factores illados: O PFC úsase para tratar raros trastornos hemorráxicos nos casos en que non se dispóns para a súa administración de concentrados de factores específicos. O PFC é o tratamento habitual para a deficiencia de facor V. Reversión do efecto da warfarina: miniatura|WarfarinaOs pacientes que son sometidos a anticoagulación con warfarina son deficientes en factores de coagulación II, VII, IX e X dependentes de vitamina K funcional, así como de proteína C e proteína S. Estas deficiencias funcionais poden ser revertidas pola administración de vitamina K. Para pacientes anticoagulados que están sangrando activamente ou que requiren cirurxía de emerxencia, debería usarse o concentrado de complexo de protrombina (idealmente, CCP de catro factores) se está dispoñible. O PFC/PF24/plasma desconxelado só deberían usarse se non se dispón de tratamentos alternativos máis efectivos. O grupo de traballo ASA recomenda empezar con 5–8 mL/kg de PFC para a reversión da warfarina e volver a comprobar os valores de laboratorio. Uso na deficiencia de antitrombina III: O PFC pode usarse como fonte de antitrombina III en pacientes que son deficientes neste inhibidor e están sometidos a cirurxía ou requiren heparina para o tratmento da trombose. Existen formas purificadas derivadas de humanos e tamén recombinantes de antitrombina III. Tratamento de inmunodeficiencias: O PFC é útil en nenos con inmunodeficiencia secundaria asociada con enteropatía con perda de proteínas grave e naqueles nos que unha nutrición parenteral total non sería efectiva. O PFC tamén se pode usar como fonte de inmunoglobulinas para nenos e adultos con inmunodeficiencia humoral. Porén, o desenvolvemento dunha inmunoglobulina purificada para uso intravenoso (é dicir, IVIG) substituíu en gran medida o uso de plasma fresco conxelado. Tratamento da púrpura trombocitopénica trombótica: A plasmaférese con FFP/PF24 ou plasma desconxelado como líquido de substitución considérase o tratamento de elección para pacientes con púrpura trombocitopénica trombótica (PTT) probada ou sospeitada.

O PFC non se recomenda a non ser que se estea xa producindo unha hemorraxia ou haxa un problema significativo de coagulación do sangue. Por tanto, o PFC non se usa en persoas para reverter a warfarina se non hai hemorraxia, incluso cun INR > 9 agás que necesiten unha cirurxía urxente. Tampouco se usa en cirurxía electiva ou cirurxía que non é de emerxencia.

O plasma desconxelado faise con PFC ou PF24 e mantense refixerado (a 1–6 °C) e despois de ser desconxelado pode almacenarse por 5 días máis.

As transfusións de plasma profilácticas poderían ter efecto en persoas con trastornos da coagulación sanguínea que se someteron a algún procedemento invasivo.

En persoas con trastornos da coagulación do sangue sometidas a un procedemento planificado invasivo non cardíaco, non hai a certeza de que as transfusións de plasma profilácticas melloren os seguintes aspectos: a mortalidade por todas as causas en 30 días, as hemorraxias importantes en 24 horas, o número de transfusións por participante nunha semana, o número de individuos que requiren transfusión nunha semana e os episodios adversos graves medidos por complicacións relacionadas co plasma en 24 horas.

Riscos Os riscos do PFC inclúen a transmisión de doenzas, reaccións anafilactoides e o volume excesivo intravascular (sobrecarga circulatoria asociada a transfusión), así como a lesión pulmonar aguda relacionada con transfusión. Os riscos das infeccións transmitidas por transfusións son similares aos de transfusións de sangue total e glóbulos vermellos.

Obtención O PFC obtense por centrifugación de sangue total ou por medio dun aparato de aférese, seguido de conxelación e perservación.

Frecuencia de uso O uso do plasma e os seus produtos evolucionou nun período de catro décadas. Por exemplo, o seu uso multiplicouse por catro nos Estados Unidos entre os anos 2000 e 2010 e chegou a case 2 millóns de unidades anualmente. Esta tendencia pode atribuírse a a múltiples factores, posiblemente incluíndo a diminución da dispoñibilidade de sangue total debido á aceptación xeral do concepto de terapia de compoñentes.

Alternativas miniatura|150 px|Albumina As evidencias indican que outros produtos de plasma (por exemplo, plasma dun só doante) que non cumpren os criterios do PFC poden ter niveis adecuados de factores de caogulación e son axeitados para pacientes para os cales está indicado o PFC. O plasma dun só doante é eficaz no tratamento de deficiencias leves de factores de coagulación estables. Tamén é valioso no tratamento de deficiencias múltiples como na reversión dos efectos da warfarina ou en doenzas hepáticas.

A miúdo existen tratamentos alternativos seguros e efectivos para que o PFC xa non sexa a terapia de elección en moitas condicións. Os concentrados de fibrinóxeno e crioprecipitados deberían usarse cando se necesita fibrinóxeno. Para o tratamento da hemofilia A, disponse de concentrados de factor VIII recombinante. Para o tratamento da hemofilia B grave, poden utilizarse concentrados de factor IX recombinante.

As solucións de coloides ou cristaloides como da albumina sérica humana ou a fracción proteica do plasma, son preferibles ao PFC para a substitución por volume.

A alternativa máis importnte ao uso de PFC é un programa completo de conservación do sangue. Isto inclúe medidas como a recuperación intraoperativa de sangue (reinfundir o sangue que o paciente perde nunha operación) e ter presente que en moitos pacientes a anemia normovolémica non é unha indicación para a transfusión.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas NIH Consensus Development Program: Fresh Frozen Plasma: Indications and Risks (en dominio público)

Categoría:Sangue Categoría:Transfusións de sangue