O tempo de sangría (ou de sangrado ou de hemorraxia) é un test médico sanguíneo que se realiza para avaliar o funcionamento das plaquetas dunha persoa. Consiste en facer que unha persoa sangre e despois medir o tempo que tarda en pararlle de sangrar usando un cronómetro ou outros aparatos axeitados.
O termo tempo de sangría padrón (na literatura inglesa template bleeding time) utilízase cando o test se realiza con parámetros estandarizados.
Unha alternativa nova ao test de tempo de sangría tradicional é o cribado da función plaquetaria realizado co analizador PFA-100.
Uso O test do tempo de sangría é un método que se usa cando non e poden utilizar outros métodos máis fiables e menos invasivos para determinar a coagulación do sangue., que cita:
Historicamente, utilizábase sempre que os médicos necesitaban información sobre a activación das plaquetas.
Proceso
O test empeza facendo un corte na parte inferior do antebrazo do suxeito, nunha área onde non hai pelos nin veas visibles. O corte é dunha largura e profundidade estandarizada e faise rapidamente cun dispositivo molde.
Método IVY O método IVY é o fomato tradicional deste test. Aínda que tanto no método IVY coma no de Duke hai que usar un esfingmomanómetro ou medidor de presión arterial de manguito, o método IVY é máis invasivo que o de Duke ao ter que utilizar unha incisión na parte ventral do antebrazo, mentres que o de Duke só necesita facer unha picada cunha lanceta ou agulla especial. No método IVY, o manguito para mediar a presión sitúase na parte superior do brazo e ínflase a 40 mmHg. Úsase unha lanceta ou folla de escalpelo para facer unha incisión superficial dun milímetro de profundidade na parte ventral do antebrazo.
Faise unha incisión de tamaño estándar duns 10 mm de longo e 1 mm de profundidade. Mídese o tempo que pasa desde que se fixo a incisión ata que para a hemorraxia e denomínase tempo de sangría. Cada 30 segundos, utilízase filtro de papel ou toalliña de papel para limpar o sangue.
O test acaba cando a hemorraxia cesa.
Un tempo de sangría longo pode ser o resultado dunha diminución do número de trombocitos (plaquetas) ou da alteración nos vasos sanguíneos. Porén, a pofundidade da punción ou incisión pode ser a fonte de erro.
Os valores normais están entre 3 e 10 minutos dependendo do método usado.
Unha desvantaxe do método IVY é o peche da ferida da punción antes da parada da hemorraxia.
Método de Duke Co método de Duke, faiselle unha punción ao paciente cunha agulla especial ou lanceta, preferiblemente no lobo da orella ou na xema dun dedo, despois de fretalos con alcohol. A punción e duns 3–4 mm de profundidade. O paciente despois ten que limpar o sangue cada 30 segundos cun papel de filtro. O test remata cando cesa a hemorraxia. O tempo usual é duns 2 a 5 minutos.
Este método non se recomenda e non se pode estandarizar porque pode causar un hematoma local grande.
Interpretación O tempo de sangría pode verse afectado polo funcionamento das plaquetas, certos trastornos vasculares e a enfemidade de von Willebrand, pero non por outros factores de coagulación como os da hemofilia. Entre as doenzas que poden causar un tempo de sangría prolongado están a trombocitopenia, a coagulación intravascular diseminada, a enfermidade de Bernard-Soulier e a trombastenia de Glanzmann.
A Aspirina e outros inhibidores da ciclooxixenase poden prolongar significtivamente o tempo de sangría. Aínda que a warfarina e a heparina teñen os seus principais efectos sobre os factores de coagulación, tamén pode producirse ás veces un aumento do tempo de sangría co uso destes medicamentos.
As persoas que teñen a enfermidade de von Willebrand adoitan ter un aumento no tempo de sangría, xa que a o factor de von Willebrand é unha proteína de adhesión das plaquetas, pero isto non se considera un test de diagnóstico efectivo para esta condición.
Tamén aumenta o tempo de sangría na hipofibrinoxenemia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MedlinePlus Medical Encyclopedia
Categoría:Análises de sangue