The New York Trilogy (en galego: A Triloxía de Nova York) é unha serie de novelas do escritor estadounidense Paul Auster. Publicada orixinalmente de forma secuencial, como City of Glass (1985), Ghosts (1986) e The Locked Room (1986), foi posteriormente recollida nun único volume. A triloxía é unha interpretación posmoderna da ficción detectivesca e de misterio, que explora varios asuntos filosóficos.
Antecedentes A primeira historia, City of Glass, inspirouse nunha chamada de teléfono que Paul Auster recibiu de alguén que chamara ao número equivocado e quería falar coa axencia de detectives Pinkerton. Empregando elementos da historia de detectives, a triloxía é un traballo filosófico baseado en estudos lingüísticos e existenciais nos que Auster estivera traballando durante moitos anos. O segundo libro, Ghosts, foi en parte unha reelaboración dunha obra de teatro que Auster escribira, que titulara Blackouts. Auster describiu as tres novelas como diferentes dimensións da mesma historia, e ademais unha sorte de «autobiografía paralela», imaxinando o protagonista Quinn e o ficticio Paul Auster como unha vida alternativa que podería ter vivido.
Argumento
City of Glass A primeira historia, City of Glass, presenta un autor de ficción detectivesca volto investigador privado, que descende na loucura segundo se ve implicado na investigación dun caso. Explora capas sobre a identidade e a realidade, dende Paul Auster o escritor da novela, ao «autor» sen nome que transcribe os eventos como se fosen realidade, a «Paul Auster o escritor», un personaxe na historia, a «Paul Auster o detective», que poida ou non que exista na novela, a Peter Stillman o novo, ata Peter Stillman o vello e, finalmente, a Daniel Quinn, o protagonista.
City of Glass ten unha relación intertextual co Don Quixote de Miguel de Cervantes. Non só o protagonista Daniel Quinn comparte as súas iniciais co cabaleiro, senón que Quinn atopa a «Paul Auster o escritor», Auster está a escribir un artigo sobre a autoría do Quixote. Auster chama ao seu artigo unha «lectura imaxinativa», e nel examina as posibles identidades de Cide Hamete Benengeli, o narrador do Quixote.
Ghosts A segunda novela, Ghosts, trata acerca dun investigador privado chamado Blue, adestrado por Brown, quen está investigando un home chamado Black na rúa Orange, para un cliente chamado White. Blue escríbelle informes a White, quen paga polo seu labor. Blue frústrase e vaise perdendo en si mismo conforme afonda na vida de Black.
The Locked Room The Locked Room é a historia dun escritor que carece da creatividade para producir ficción. Fanshawe,Reference to Nathaniel Hawthorne's novel Fanshawe – Heiko Jakubzik: Paul Auster und die Klassiker der American Renaissance. Dissertation, Universität Heidelberg 1999, p. 7 (online text ) o seu amigo da infancia, producira obras creativas, e cando desaparece o escritor publica as súas obras e substitúeo na súa familia. «Paul Auster», o nome, non aparece na historia do mesmo xeito que o fai en City of Glass, pero auster rompe a cuarta parede ao escribir acerca dos anteriores libros na triloxía: «...Non podería ter comezado este libro. O mesmo ocorre cos dous libros que o preceden, City of Glass e Ghosts». Tamén fai claras referencias a momentos autobiográficos, como o seu encontro co compositor Wyschnegradsky cando Auster era mozo en París. O título é unha referencia ao «enigma do cuarto pechado», unha forma popular da ficción detectivesca temperá.
Adaptacións City of Glass foi adaptada en 1994 nunha criticamente eloxiada novela gráfica experimental, levada a cabo por Paul Karasik e David Mazzucchelli. Publicouse como City of Glass: A Graphic Mystery en 2004. En 2025 foi recollido como a primeira parte de The New York Trilogy, xunto con novas adaptacións de Ghosts (por Karasik e Lorenzo Mattotti) e The Locked Room (Karasik).
En marzo de 2006 foi publicado como un texto con ilustracións por Art Spiegelman, e unha introdución feita por Lucy Sante.
En 2009 Audible produciu unha versión da triloxía en son, narrada por Joe Barrett, como parte da súa liña de audiolibros Vangarda Moderna.
No 2016 Enward Einhorn adaptou City of Glass como obra de teatro.
No 2017 Duncan Macmillan fixo outra adaptación como obra teatral, que se visionou por un corto período de tempo no HOME de Manchester, antes de moverse ao Lyric, de Hammersmith. Foi unha coprodución entre HOME, o Lyric, e 59 Productions.
Notas
Ligazóns externas
"The New York Trilogy" de Paul Auster como ficción detective posmoderna (resumo en inglés dunha tese de Matthias Kugler) "The New York Trilogy por Paul Auster", revisado por Ted Gioia, (The New Canon)
Categoría:Novelas ambientadas en América Categoría:Literatura