miniatura|dereita|Aldea Otasu, lugar de nacemento de Tahkonanna. ou Tahkonanna (en ) , nada o 5 de abril de 1902, e finada o 30 de abril de 1994, foi a derradeira falante da lingua ainu de Sakhalin. Naceu na aldea Otasu (hoxe preto do actual Krasnogorsk na costa oeste de Sakhalin), que daquela formaba parte do Imperio Ruso. Mudouse a Rayciska (Raichishika, preto do actual Uglegorsk) durante a súa infancia. Despois da segunda guerra mundial, foi trasladada a Hokkaido e, cara ao final da súa vida, viviu nunha residencia de anciáns en Monbetsu, Hidaka, en Hokkaido. Traballou como informante no Proxecto de Investigación Piłsudski e noutros proxectos etnográficos ata a súa morte en 1994.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lingua ainu de Sakhalin
Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Pobo ainu Categoría:Últimos falantes